Dous mortos en 50 accidentes durante a fin de semana

A Coruña, con 22 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que dúas faleceron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 10 de maio e as 23,59 horas deste domingo 12 un total de 60 chamadas en relación con sinistros de tráfico. O día con máis incidentes foi o domingo, con 25.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 59. Deste xeito, as ambulancias realizaron 53 saídas, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión e os equipos sanitarios prestaron asistencia en cinco accidentes.

O 061 atendeu a 61 persoas por 52 accidentes de tráfico o fin de semana en Galicia, das que dúas morreron. 061-GALICIA - Arquivo
O 061 atendeu a 61 persoas por 52 accidentes de tráfico o fin de semana en Galicia, das que dúas morreron. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

A Coruña, con 22 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 17; Lugo, con seis; e Ourense, con cinco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta