Facenda devolveu a máis de 240.000 contribuíntes galegos un total de 150 millóns, un 17,90% máis

Máis de 378.000 persoas presentaron a súa declaración en Galicia, 31.000 máis que o ano pasado.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/05/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Axencia Tributaria devolveu xa a 241.261 contribuíntes galegos un total de 150 millóns de euros tras mes e medio de campaña da Renda, un 17,90% máis que o ano pasado nestas mesmas datas.

En rolda de prensa, a Delegada Especial da AEAT en Galicia, María Imelda Capote, presentou a evolución da campaña de renda 2018, que, a día de hoxe, cando dá inicio a atención en oficinas, reflicte que o número de declarantes que recibiron a devolución é un 12,68% superior ao da pasada campaña nas mesmas datas.

No ecuador da campaña, máis de 378.104 contribuíntes de Galicia presentaron a súa declaración, 31.157 máis que o ano pasado (un 8,9% máis). Segundo indicou Capote, unha parte relevante do incremento rexistrado ata a data nas presentacións débese á utilización crecente tanto da app como do plan 'Chamámoslle'.

MÁIS DECLARACIÓNS POR TELÉFONO

Así, en canto ás presentacións desde o móbil, en Galicia suman 14.157 superando xa nun 4,2% as realizadas en toda a campaña pasada. Á súa vez tamén aumentan as declaracións que foron confeccionadas telefonicamente. Así, ata a data presentáronse por esta vía 5.004 declaracións en Galicia, un 60% máis que o ano pasado a estas alturas da campaña.

Xunto a estas dúas vías, desde este luns a Axencia pon a disposición do contribuínte as súas oficinas, cuxa cita se pode pedir ata o 28 xuño. O prazo da campaña finaliza o 1 de xullo, segundo indicou a Delegada Especial da AEAT en Galicia, que asegura que a estas alturas da campaña este ano hai "máis declaracións presentadas, máis devolucións pagas".

A subida de IRPF a rendas de máis de 130.000 euros só afectará ao 0,39% de contribuíntes en Galicia, segundo Gestha. GESTHA
A subida de IRPF a rendas de máis de 130.000 euros só afectará ao 0,39% de contribuíntes en Galicia, segundo Gestha. GESTHA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta