Pecha a televisión Localia na Coruña

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/01/2012 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche inminente de Localia A Coruña. A noticia foi comunicada a este Colexio esta mañá polos propios traballadores. A decisión foi trasladada hoxe mesmo á plantilla da televisión local que nun prazo de quince ou vinte días cesará a súa actividade.

None

Localia súmase á lista de seis medios locais que, segundo o Sindicato de Xornalistas, botaron a informadores especializados en noticias locais nos últimos meses.

Nos meses anteriores ao peche, a empresa xa despedira dous traballadores, o que, sumado a outros dous profesionais aos que non se lles renovara o contrato, deixara a televisión local cun cadro de persoal de a penas seis traballadores.

Este novo peche ven a sumarse ao anunciado a mediados deste mes por Localia Pontevedra, xustificado por fontes da empresa na "forte caída do investimento publicitario" e que deixa na rúa outros sete profesionais da información.

Daquela, Utega, a sociedade de televisións locais que xestiona as emisoras de Localia, expresaba a súa intención de tentar manter as emisións de Localia na Coruña e en Vigo. Se a primeira anunciou xa o seu peche, a segunda comunicaba pouco despois o "despedimento obxectivo" do 40% do persoal.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta estas noticias que reducen aínda máis o número de medios de comunicación galegos, redundando na perda de pluralidade informativa e na precarización laboral da profesión xornalística.

Localia Coruña é propiedade do grupo de comunicación UTEGA e collíase en Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Betanzos, Sada, Bergondo, Abegondo e Carral alén da capital provincial. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

Ademais de espazos propios, comparte programación coas outras canles de Localia de Galicia e ten un acordo coa distribuídora Central de Telecontenidos para acceder ao seu catálogo audiovisual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Suído

Estou desfeito pola desaparición dun medio tan comprometido co noso país e a nosa lingua.

1 Puro Cora

Na relación de medios exposta falta Telelugo, do Grupo El Progreso, que botou á metade do seu plantel a través dun ERE de extinción de 6 meses. Xusto no remate do ano para poder seguir recibindo subvencións públicas... E deixando a traballadores con contratos temporais logo de eliminar fixos. É o anuncio dun inminente peche. É curioso que a Xunta engorde as contas dos grandes grupos empresariais galegos á conta de despedimentos de traballadores. E é lamentable que as empresas prescindan así dos empregos

1 Lorcha

amén