Gaiteiras galegas no festival Primavera Sound de Barcelona

O grupo de gaiteiras do Centro Galego da Cidade Condal actuará o vindeiro venres, día 31 de maio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O grupo de gaiteiras do Centro Galego de Barcelona levará a música de Galicia o vindeiro venres, día 31 de maio, ao Festival Primavera Sound de Barcelona.

As 'gaiteiras' do Centro Galego de Barcelona levan a música de Galicia ao Primeira Sound. REMITIDO FESTIVAL
As 'gaiteiras' do Centro Galego de Barcelona levan a música de Galicia ao Primeira Sound. REMITIDO FESTIVAL | Fonte: Europa Press

O grupo participará neste festival grazas ao acordo asinado este xoves polo presidente da entidade, Carlos Mandianes, coa organización deste evento que o ano pasado contou con 215.000 asistentes.

Case 300 artistas ofrecerán un total de 331 actuacións ata o próximo 2 de xuño na Primavera Sound, que se celebra desde 2001 en Barcelona e que se converteu nun referente como festival urbano.

A agrupación de gaiteiras do Centro Gelego de Barcelona, formada por catro mulleres, contribuirá coa súa actuación a consolidar a aposta do festival polo protagonismo feminino, que este ano se traduce en que elas ocupan máis da metade do programa de concertos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta