Identificado o autor dun incendio en Calvos de Randín, causado por unha queima de restos forestais

O lume foi orixinado debido a unha queima de restos forestais que o investigado realizaría sen adoptar as medidas de seguridade preceptivas, o que posibilitou que se propagase por toda a leira.

Por E.P. | OURENSE | 29/05/2019 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica e axentes forestais identificaron ao presunto autor dun incendio forestal no concello de Calvos de Randín (Ourense), ocorrido o pasado 23 de maio, en Serois-Lobas, no que arderon 0,21 hectáreas de superficie rasa.

Os policías do Grupo de investigación de incendios da sede provincial da unidade en Ourense --en colaboración con Axentes Forestais do Distrito XV da Limia--, tomaron declaración como investigado a un home. O lume foi orixinado debido a unha queima de restos forestais que o investigado realizaría sen adoptar as medidas de seguridade preceptivas, o que posibilitou que o lume se propagase por toda a leira.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución 1 de garda de Bande (Ourense). Na actual campaña contra os incendios forestais de 2019, un total de 43 persoas foron investigadas pola policía da Xunta, como presuntas autoras de incendios forestais, segundo informa a administración nun comunicado.

Lumes
Lumes | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta