Un morto nos 68 accidentes rexistrados nas estradas galegas durante a fin de semana

Case un cento de persoas foron atendidas polos servizos de urxencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 92 persoas debido a 68 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 31 de maio e as 23,59 horas deste domingo 2 un total de 73 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. O día que rexistrou máis incidente foi o sábado, con 33 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 87. En concreto, as ambulancias realizaron 79 saídas; o helicóptero medicalizado, dous; e os equipos sanitarios prestaron asistencia en seis accidentes.

En 76 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións recibiron atención no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

A proporción de homes e de mulleres atendida situouse no 50 por cento en ambos os casos. En canto ás idades dos feridos, o 29% dos asistidos tiña entre os 45 e os 59 anos. Por provincias, A Coruña, con 33 sinistros, foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de Pontevedra, con 18; Lugo, con dez; e Ourense, con sete.

O 061 atendeu a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico o fin de semana en Galicia, das que dúas morreron. 061-GALICIA - Arquivo
O 061 atendeu a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico o fin de semana en Galicia, das que dúas morreron. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta