Tentando vivir no rural entre grandes muíños eólicos

"O Silencio dos Eólicos" é a última cinta do xornalista e cineasta Aser Álvarez. Unha producción que indaga nas transformacións da vida rural e dos retos para poder subsistir no campo galego.

Por Galicia Confidencial | San Sadurniño | 08/06/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O cineasta e xornalista Aser Álvarez, residente en Compostela e fundador da produtora Arraianos Producións, está de volta cun dos seus documentais, "O Silencio dos Eólicos", o retrato dunha familia de gandeiros de vacún que habita "nun lugar onde só viven eles, gañándose a vida dignamente e criando aos seus fillos no rural".

Un dos protagonistas do Silencio dos Eólicos, sobre a vida nunha granxa galega rodeada de eólicos
Un dos protagonistas do Silencio dos Eólicos, sobre a vida nunha granxa galega rodeada de eólicos | Fonte: Festival de San Sadurniño

Realizou o profesional esta película para o festival Chanfaina Lab ao que foi convidado, que é "un proxecto moi fermoso" que fascina ao creador porque se organiza no pequeno concello coruñés de San Sadurniño, ou "Sansa", e serve "para documentar o patrimonio material e inmaterial desa zona e convidar os veciños a facer cinema e a que vexan pezas audiovisuais sobre a súa realidade realizadas por cineastas foráneos".

Moitos directores de prestixio van ao municipio a facer os seus traballos, pero tamén hai xunto a eles artistas locais como Cruz Piñón e Abel Veiga, dous dos que o director Álvarez declárase fan incondicional e define como persoas "cheas de talento e frescura, que se animan a facer cinema grazas ao festival".

"VIDA DIGNA NUNHA ALDEA"

No marco deste orixinal evento, Álvarez elaborou este curto documental, no que retrata a unha familia diferente, que se dedica a producir leite de vaca e que "realmente son un exemplo de vida digna nunha aldea remota de Galicia, nun lugar no que non hai ninguén máis á parte deles, na Serra de Forgoselo".

Aser Álvarez gravando O Silencio dos Eólicos, sobre a vida no entorno rural
Aser Álvarez gravando O Silencio dos Eólicos, sobre a vida no entorno rural | Fonte: Festival de San Sadurniño

A casa da familia Arnoso está á beira dun parque eólico, "polo que o forte son que facían os ventiladores ao amencer chamoulle a atención, relata, "pero máis aínda un día que non sopraba o vento e estaban parados".

Preguntoulle ao protagonista da historia se non lles incordiaba o ruído que facían e obtivo por resposta que "o que molesta é que deixen de soar", xa que están "habituados a escoitalos e o raro é que non soen".

Por iso pareceulle que "O silencio dous eólicos" era o mellor título para aquela peza audiovisual gravada nun lugar tan peculiar e editada polo seu "socio e mestre", Plácido Romeu.

O PODER DOS EÓLICOS

"Sempre falamos dos eólicos como unha enerxía limpa pero realmente discrepo desta idea, e téñolles bastante teima porque no noso país empezaron a plantar eólicos indiscriminadamente sen importar a paisaxe", argumenta, aínda que recoñece que ao mesmo tempo tamén lle atraen visualmente eses "xigantes ruidosos".

É por iso que con esta peza pretende "convidar a soñar que outros modelos de desenvolvemento rural son posibles e desexables". Defende a mensaxe "dunha Galicia non só chea de eólicos e de eucaliptos ou granxas intensivas de porcos e pitos, senón un país cheo de xente nova vivindo do aproveitamento multifuncional da terra e do gando, respectando o medio e criando aos seus fillos no rural".

Alegación que pon de manifesto o compromiso do polifacético xornalista co rural, ao igual outros dos seus múltiples proxectos como o Festival de Cinema Rural Carlos Velo, que xurdiu "froito da necesidade de abordar a crise do mundo rural desde unha perspectiva contemporánea, orixinal e creativa".

Con esta mesma idea creou a feira FICRural, que será este ano na segunda quincena de setembro en Santiago, converténdose en "un foro de intercambio e divulgación de experiencias innovadoras contra o holocausto do rural".

O RURAL

"O rural non é un sinónimo de atraso senón todo o contrario. Cultura vén de cultivar, de traballar a terra, algo que se nos esquece. Cando falamos de cultura pensamos que falamos de algo elitista, cultureta, urbanita e posmoderno, pero non é así", reflexiona este documentalista. Sen dúbida o documental é o xénero que sobresae na súa carreira, e considera que "é unha ferramenta útil e moi necesaria no momento actual, sobre todo para facernos pensar".

A pesar de ter un extenso percorrido, con traballos de éxito como "100% CEF", polo que conseguiu un Mestre Mateo, ou a longametraxe "Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro", entre outros, confesa que non se considera un cineasta, senón un "simple aprendiz que aspira a contar historias".

Sen abandonar o seu defensa do medio rural, Álvarez segue embarcado en diferentes proxectos "para seguir soñando con cambiar o mundo, pois con pequenas iniciativas pódense remover conciencias", polo que sentencia que "oxalá houbese un Chanfaina Lab en cada concello rural de Galicia, porque o pequeno é fermoso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

11 Asesor en Precario

BenComen, se os deixan...

10 Alfredo Canicouva

Home! Marquiños PrzPena na foto! Vas a ver se cae algo? Suponse que representas a parte cultureta non? Hainos con tempo para todo!

9 Nilo

A min o que me interesa desta idea é oir como no PSG din que non para ver ratificado o seu españolismo provinciano que ven sendo practicado dende a época do liderato de Touriño. Está claro que pode que non sexan tan taxante dado que teñen demostrado responsabilidade en certos temas mais para saber que din terallo que preguntar un xornalista e iso xa é outro tema.

8 O que hai que oír

Flipo con estes próximos ao PSOE e asesores varios... E vai ir nesa candidatura ao senado o senador do PSOE Xavier Carro, o defensor do peche do naval galego? Non me digades que nunha lista conxunta votaría a favor de Galiza! Despois de que o PSOE quitase a careta e xa non se corte en dicir que obedece aos especuladores (hai que tranquilizar a los mercados) aínda hai quen nos ven co conto de que o PSOE é de esquerdas!

1 tourado

O valido do peche naval... e tamén fero apoiante do Decreto do Carbón.

2 carretas

http://www.elpais.com/articulo/Gali.... Lembrades cando Fernando Blanco, o das louseiras do Courel, Reganosa e Plano Eólico, lle ía regalar a Pucho Viñas o estaleiro Astano

3 bigotes

Non, non o lembramos bigotón. Eu si lembro as últimas que anda facendo o teu novo partido, IU, apoiando ao PP en todos lados. Non so en Estremadura e nos concellos, non. Mira o de Álava, mira: http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

5 chatarrita díaz

cabareteira bigotuda, que mal momento escolliches para meterte en Izquierda Undida http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

7 uncalquera

A "candidatura debería estar conformada por cidadáns e cidadás independentes de recoñecido prestixio nos seus ámbitos laborais ou sociais, así como por representantes da sociedade civil". Se son independentes, supostamente non deberían de estar afiliados a ningún partido, non? Non creo que se chegue a ningún consenso, menos co P(SO)E, pois as comparacións que dicides sobre Cataluña son de risa, mentres o P(SO)E catalán tira para unha república o P(SO)E galego tira máis cara o españolismo rancio. Aínda que me gostaría saber se estarían dispoñíbeis a facer un pacto entre: BNG, EU, Nós-UP, FPG, Causa Galiza,... véxoo máis factíbel entre BNG-EU pero non co resto de partidos, e aínda sendo votante do BNG, non vexo aos caciques da UPG baixándose a pactar con EU para ir en coalición...

1 outro calquera

Pois non sei como non queren pactar con IU, ao mellor é porque IU apoia sempre en España o contrario que en Galiza. Que sectarios os caciques da UPG e do BNG. Mira que non querer pactar con IU. http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

2 Cholas

Vaia xilipollez "a candidatura debería estar formada por cibdadáns independentes..." non me digas mais, por Angel Jove, Tojeiro, Rosalia Mera e Fernandez-Latorre. Canto iluminado xxx DDDD. Se son independentes que se presenten nunha lista, suponse que cando votas por un partido, votas polo seu programa non polas caras. Serás votante do PP, mais semellas un zampahamburguesas desos que din que os políticos tiñan que sufragar a campaña do seu peto, coma en USA onde todolos membros do congreso e senado son millonarios, e claro votan o que sexa menos sobir os impostos as rendas altas.

3 uncalquera

Cholas, Vaia xilipollez "a candidatura debería estar formada por cibdadáns independentes..." non me digas mais, por Angel Jove, Tojeiro, Rosalia Mera e Fernandez-Latorre. Se leras a noticia daríaste conta que quen dixo iso, foron os da IBC. OutroCalquera, EU é tan caciquil coma outra calquera partido pseudocomunista (vaia, coma a UPG) ou o PPSOE. Pero como dixen antes, non creo que cos outros partidos nacionalistas-independentistas se chegue a ningún acordo, porque non chegan a acordos entre eles, cando non suman máis de 6000 votos e só se adican a poñer a parir ao BNG.