Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 19:01
A Consellería do Mar quixo lanzar unha "mensaxe tranquilizadora" ao sector pesqueiro e marisqueiro sobre o dragado do Lérez. Asegura que se estuda a posibilidade de levar os lodos fóra da ría de Pontevedra, aínda que afirma que non esta decidido o punto de depósito dos lodos.
Diso informou a Consellería nun comunicado, tras as protestas de produtores da zona ante o risco que pode supor que acaben na contorna da illa de Sálvora. Así, a Xunta sostén que mantén o seu compromiso de avanzar a través das xestións necesarias co fin de atopar a "mellor solución posible" sen prexudicar a ningún produtor da zona.
A Consellería do Mar decidiu cambiar o punto de vertedura dos residuos do Lérez tras comprobar que este asunto era o principal problema que bloqueaba o proxecto. Ante esta situación, "está a verificarse a posibilidade de verter en puntos situados fóra da ría e xa autorizados en ocasións anteriores co obxectivo de axilizar a tramitación".
Por iso, o Executivo galego pediu a máxima responsabilidade a todas as partes implicadas para que non se alarme de forma "inxustificada" sobre a actuación. Trátase dun proxecto nunha fase preliminar, sen ningunha decisión firme e á espera dos informes encargados para o seu deseño.
O obxectivo destes traballos é "contar con todas as garantías de que as actuacións que finalmente se realicen son as máis idóneas para todas as partes", segundo informou a Xunta a través dun comunicado.
Así, este departamento ten contratado os estudos necesarios para analizar esa viabilidade dos puntos de vertedura. A decisión aínda non está tomada xa que non se pode avanzar no proxecto sen avais. Por iso, trátase dun "erro inxustificado" falar dun punto de vertedura definitiva.
APELA Ao "DIÁLOGO"
A Consellería inciden en que o obxectivo é conseguir "unha solución satisfactoria para todas as partes a través do diálogo e consenso como vías prioritarias para levar a cabo o proxecto".
O Executivo galego defende o seu compromiso con esta actuación en quefigura dentro dos orzamentos de Portos de Galicia, ente dependente da Consellería do Mar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.