Detidos tres mozos por 4 roubos en vivendas e 13 de cableado de liña telefónica en localidades ourensás

Os altercados producíronse no Carballiño, Maside, Boborás, San Amaro, Punxín, Amoeiro e Vilamarín.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense detivo a tres rapaces por catro roubos en vivendas e 13 de cableado de liña telefónica nas localidades ourensás do Carballiño, Maside, Boborás, San Amaro, Punxín, Amoeiro e Vilamarín.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado día 11 de xuño foron detidos R.R.D., de 32 anos e veciño de Maside; M.T.V., de 32 anos e veciña de Maside, e A.B.D., de 35 anos, do Carballiño, como presuntos autores de catro roubos en vivendas e trece roubos de cableado de liña telefónica.

Tras ter coñecemento dun incremento de roubos, a Garda Civil puxo en marcha a 'Operación Alquiltrán' para esclarecelos. Así, os axentes constataron como os detidos realizaban labores de recoñecemento dos lugares onde logo cometían os delitos, utilizando varios vehículos.

Unha vez fixado o obxectivo, "accedían forzando portas e xanelas en horario tarde-noite e apoderábanse de ferramentas e aveños, susceptibles de poder venderse en centros de reciclaxes de metais", relataron as mesmas fontes.

No caso de roubos de cableado telefónico, cortaban os tensores que soportaban os postes para acceder ao cable. Posteriormente, na parte de atrás do seu domicilio, queimaban a cuberta para separar o cobre, sinalou a Benemérita.

O tres detidos, todos con antecedentes por roubo, foron postos a disposición xudicial nun xulgado do Carballiño, que decretou a súa posta en liberdade con obrigación de comparecer na sede xudicial cada mes.

Policía Local de Pontevedra.
Policía Local de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta