A Audiencia de Pontevedra condena ao Santander a pagar as costas dos demandantes polas accións do Popular

A xuíza entende que o Banco Popular ofreceu "unha información parcial" sobre a súa solvencia co fin de captar clientela para a operación de aumento de capital.

Por E.P. | VIGO | 19/06/2019 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou unha sentenza na que estima un recurso de apelación interposto por demandantes que reclamaron xudicialmente a devolución do diñeiro investido en accións do Banco Popular en 2016.

En primeira instancia, un xulgado vigués condenou ao Santander (que adquiriu o Popular en 2017) a devolver aos demandantes, representados polo letrado Xoán Pérez-Lema, os case 8.800 euros das accións do Popular que adquiriran, pero non impuña á entidade o pago das costas procesuais, por apreciar "dúbidas de feito e dereito" sobre esa cuestión.

A xuíza entendeu que o Banco Popular ofreceu "unha información parcial" sobre a súa solvencia, co fin de captar clientela para a operación de aumento de capital, unha operación que non reportou os "resultados desexados" porque a insolvencia real era superior "á anunciada e aparentada". Así, anulou a compra das accións e condenou ao banco a devolver o diñeiro, pero acordou non facer unha especial declaración sobre as costas procesuais, polas "dúbidas".

Agora, na súa resolución, o tribunal provincial establece que non observa as dúbidas fácticas e xurídicas "que a sentenza de instancia proclama pero que non acaba, por certo, de concretar".

Por todo iso, estima o recurso e condena ao Banco Santander a pagar as costas do proceso, nunha sentenza que, ademais, discrepa do criterio da Audiencia da Coruña, que en marzo pasado rexeitou impor a este banco as costas por non existir aínda unha doutrina unificada do Tribunal Supremo.

Sucursal, banco Popular
Sucursal, banco Popular

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta