Propoñen unha unidade de acción a BNG e a En Marea de cara ás autonómicas

Xuntos, unha escisión de Podemos, mostra "a súa solidariedade e apoio" a Luís Villares tras a ruptura co grupo parlamentario de En Marea.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Tras o anuncio de que Luís Villares irá ao grupo mixto rachando co grupo parlamentario de En Marea, comezaron as reaccións. Xuntos, a excisión de Podemos Galicia moi crítica coa formación morada, propón unha unidade de acción ao BNG e a En Marea de cara a traballar conxuntamente nas próximas eleccións autonómicas “onde o BNG estea ao fronte por peso específico, mentres se respecte o traballo municipal e municipalista, independente e autónomo de Xuntos e En Marea”.

Luis Villares e Pablo Iglesias
Luis Villares e Pablo Iglesias | Fonte: EP

A coordinadora da formación arremete directamente contra Pablo Iglesias, Carmen Santos e o seu sucesor Antón Gómez Reino, ao que considera “o responsable directo da destrución de Podemos Galicia”. Ademais acúsao de inventarse a Galicia en Común, que cualifica de “marca que quere representar a unidade popular pero acaba sendo unha axencia de colocación de amigos”.

Ademais, a formación presenta “solidariedade e apoio a Luís Villares”. Consideran que o portavoz de En Marea “foi utilizado como un obxecto máis no camiño do engano aos cidadáns”, que levarían Yolanda Díaz e Gómez-Reino. Destaca que En Marea “foi dende o inicio” un partido diferente a Podemos.

Xuntos considera que “o único prioritario” é o municipalismo entendido como a transformación en partidos municipais de todas as agrupacións locais. Ábrense a un acordo con En Marea sempre e cando a formación liderada por Villares teña a mesma perspectiva porque é “a única defensa produtiva e beneficiosa para os cidadáns”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 eusi

E volta e dálle, que desgraza de país

5 o juanito

o armadiña, un elemento nocivo para calquer proxecto unitario, xa o vimos en Vigo en Podemos e agora o vemos no " republicanismo " ise que se inventou cos do pce ml eo seu chiringo persoal con Del Río, quen non acadou nin 200 votos... todo un exemplo de coherencia

4 Gamela

Xuntos quen vén sendo? https://xuntos.webnode.es/nosotros/ O chiringuito dun tal Carlos González Armada que dende o minuto un dinamitou calquera posibilidade de unidade nos círculos de Podemos Vigo ? Xuntos quen...? Esto xa é unha pura broma de mal gusto !!!

3 Pitito

E volta a empezar...

2 Pixín

Cando deixará o carteiro de dar a tabarra ?