Soben os prezos das vivendas alugadas

O prezo medio da vivenda en aluguer sitúase en 5,90 euros por metro cadrado en Galicia no mes de maio, o que supón unha subida do 0,1%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Segundo os datos que publica este martes Fotocasa, este prezo é un 31% menor que o da media española, que está en 8,54 euros por metro cadrado ao mes. Deste xeito, o prezo da vivenda segue crecendo pero a un prezo máis moderado.

Galicia ocupa o décimo posto na clasificación de comunidades máis caras par vivir de aluguer. Á cabeza está Madrid (con 13,43 euros por metro cadrado).

Por provincias, Pontevedra é a que rexistra un maior incremento mensual (+1,1%), mentres Lugo é a única que descende (-3,3%), que é a capital de provincia máis alcanzable na Comunidade.

Vivendas
Vivendas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta