Conde mostra "preocupación" pola falta de traballo en Navantia e a situación "difícil" da industria auxiliar

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, referiuse a a falta de carga de traballo que sufrirán os estaleiros públicos de Navantia nos próximos meses, pola finalización da construción dos dous buques AOR para a Armada de Australia e que o inicio das fragatas F-110 para a Armada Española non está previsto para finais de 2021.

A preguntas dos medios, Conde manifestou a súa "preocupación especial coa industria auxiliar", xa que na medida que Navantia non teña carga de traballo, estas empresas estarán "nunha situación moi difícil".

"Unha vez que o Goberno atrasou dunha forma intencionada a orde de execución --en alusión ás fragatas F-110-- e temos unha situación de atraso, pois o que agardamos é unha situación de responsabilidade e mentres non se corta chapa para as novas fragatas, poida haber carga de traballo".

Así, Conde asegurou que desde a Xunta seguirán "traballando, apoiando aos traballadores e demandando ao Goberno" que poida haber esa carga de traballo "a través dun novo AOR ou ben calquera outro tipo de proxecto que permita que non haxa un impacto negativo nesta espera ata o corte de chapa, sobre todo na industria auxiliar".

Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo
Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta