Un congreso reúne en Pontevedra a máis de 200 expertos no ámbito da parasitoloxía ata este venres

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia



A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá na presentación do XXI Congreso da Sociedade Española de Parasitoloxía (Socepa) e Intereuropeo de Parasitoloxía, que reúne no Pazo da Cultura de Pontevedra a máis de 200 expertos e expertas neste ámbito entre este mércores e este venres.

En palabras da conselleira, o encontro "pon ante os ollos da sociedade a relevancia dunha especialidade que, polas súas importantes repercusións na saúde humana e animal, centra gran parte dos seus esforzos investigadores na medicin, na veterinaria e na farmacia".

No evento, os científicos e científicas universitarios, xunto cos grupos de investigación activos en Galicia, contan co apoio do Goberno galego para consolidar un sistema de investigación, progreso e mellora da competitividade, tal e como o ratifica a Xunta nun comunicado.

Durante a intervención, Carmen Pomar destacou que a investigación universitaria "debe de servir para mellorar a sociedade" e que "o coñecemento científico debe reverter en avances nos distintos ámbitos como o rural, a sanidade ou a industria".

A conselleira de Educación, Formación Profesional e Universidades, Carmen Pomar, na presentación do XXI Congreso da Sociedade Española de Parasitología (Socepa) en Pontevedra, do 3 ao 5 de xullo.. XUNTA
A conselleira de Educación, Formación Profesional e Universidades, Carmen Pomar, na presentación do XXI Congreso da Sociedade Española de Parasitología (Socepa) en Pontevedra, do 3 ao 5 de xullo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta