Temas: TURISMO

A asociación galega de autocaravanistas replica aos hostaleiros que "non existen áreas ilegais"

Defenden que as autocaravanas non poden ser obrigadas a utilizar cámpings.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A asociación galega de autocaravanistas replica aos hostaleiros que "non existen áreas ilegais" e que "as autocaravanas non poden ser obrigadas a utilizar cámpings".  Así o indican a Asociación Galega Autocaravanista, xunto ao Club Vasco de Autocaravanas, a Asociación Cántabra de Autocaravanas e o Club Autocaravanista do Principado de Asturias.

Autocaravana.
Autocaravana.

Responden así o pronunciamento dos hostaleiros agrupados baixo a autodenominada 'forza do norte'. "Os usuarios das autocaravanas poden sempre pasar a noite dentro delas", destacan.

Neste sentido, demandan servizos "específicos" para este tipo de turismo itinerante e din que está "en mans" dos hostaleiros "aproveitalo como están a facer moitas outras asociacións".

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta