Artigos de Juan Carlos Piñeiro

Movementos civís como parásito

Fai anos o tecido asociativo era un terreo fértil, proliferaban asociacións de todo tipo e pelaxe, dende as xuvenís as de veciños, dende culturais a deportivas nas cales o principal movemento era mellorar as condicións de vida da xente. Era un motor de cambio e de avance da sociedade ben consolidado, con referentes e con capacidade de xerar tendencias

Os falsos profetas do galeguismo

Galeguismo, un termo tan amplo como contestado, cómpre definir ben o que é en política e cómpre saber tamén quen ou que formación o representa. Era galeguismo o de Coalición Galega? Ou mellor, eran galeguistas os membros de Coalición Galega que se entregaron a o proxecto nacionalista español que representaba Fraga? É complicado definir sen excluír, mais é preciso na actual conxuntura.

Galicia pode ser vangarda

De novo, a falta de proxecto de País e a continua débeda de inversión das distintas administracións do Estado con Galicia, poden ser unha nova oportunidade para Galicia, paradoxo. A nosa pobre situación industrial e competitiva supón hoxe unha vantaxe. A emerxencia climática e a firmeza coa que parece que Bruxelas quere actuar neste campo supón unha conxuntura para que dende Galicia se ocupe a vangarda no cambio de modelo cara a “New green deal”.

Vaia, vaia... que mentira, Carmen Calvo!

Carmen Calvo falou fai uns días de que o PSOE se abría a falar coas forzas nacionalistas dentro do título VIII da Constitución(non tivo o PSOE tanto reparo en modificar o artigo 135) e de que ningunha democracia do mundo recoñecía o dereito á autodeterminación e a independencia, dixo iso sen mencionar a palabra nación ou nacionalidade. Para falar dentro de ese marco non fai falla Carmen Calvo.

Cada día en cada telexornal

Cada día en cada telexornal , en cada diario ou plataforma de novas, fica máis claro a perda de valores como sociedade e mesmo como persoas. As novas das distintas manadas, do Chicle, dos abusos e da violencia machista sitúa ás claras que a nosa forma de convivir está quebrada. Que non se pode entender unha sociedade normal con este tipo de actuacións, está claro que se esta a fallar dende os poderes públicos e xurídicos. Onde nos sitúa como persoas permitir o que está a acontecer no relativo á violencia machista?

O exército dos clones

Nunca pensei que ía botar en falta a Mariano Rajoy, pero si son sincero e vendo o que está acontecendo podo dicir que ogallá seguise Rajoy ao fronte da dereita española e españolista. Lembro moi ben o día en que Aitor Esteban, tres días despois da moción de censura na Coruña, mo comentaba, “se va notar la falta de Rajoy moderando a la derecha”. Rajoy coñece a realidade territorial e moderaba aos seus.

Un gran lobbie: as políticas activas de emprego

Están en voga as políticas activas de emprego, o Señor Iglesias sabe o que son e sabe o que valen, non é un tema menor que sexa fillo de asesores sindicais.

Valeu o rupturismo?... Rompeu el mesmo

Todos inimigos do 1.978, do réxime e do seu continuísmo, todos a defenestrar o feito por moitos e moitas, todos e todas a romper co mito de 1.978 como primeiro paso da estratexia política de “tomar el cielo por asalto” unha forma de canalizar o movemento do 15M cara unha causa fácil de defender e de vender.