Artigos de Álvaro Rodríguez

Carta de Critias a Terámenes (XV): Contra os inxenuos e infelices que queren cambiar o mundo

“Estou ata os collóns dos oligarcas catetos que soñan coa explotación total e absoluta do Pobo, son uns infelices que nos van a levar á ruína os moi cabróns. Os románticos, idealistas, soñadores que queren volver a épocas pasadas de explotación do Pobo van levarnos á destrución os moi idiotas.

Carta de Critias a Terámenes (XIV): Sobre as falacias necesarias

Un sabio explícao: A esencia do Político é a dialéctica entre quen manda e obedece, que é público e privado, e quen é amigo e inimigo. No Réxime Xeneroso mandamos os oligarcas, decidimos o que é público e o que é para nós, e os que se opoñen ao noso poder son inimigos.

Carta de Critias a Terámenes (XIII). O crédito da fama.

Amigo Terámenes, as túas observacións son correctas; todo Réxime Xeneroso crea a súa Liga de Delos, asobállaos e aprópiase do seu tesouro.

Carta de Critias a Terámenes (XII). Sobre o bo para uns

Calquera empresa humana sofre traizóns. Mais nas miñas reunións con militares da Republica non saio do meu asombro. Na última conferencia á que asistín dun estratego, polemólogo e xeopolítico, afirmou que a Republica “é un país sometido, humillado, vasallo, e contento porque lle deixan fornicar co veciño ou veciña que el queira segundo se autoperciba mozo, moza, de xénero neutro cisxénero ou o que lle salga a el dos seus cataplines”.

Carta de Critias a Terámenes (XI): “A primeira servidume é sempre mental e voluntaria”, A.C. Pirum Magnum

Lembras, amigo Terámenes, cantas veces remacháronnos aquilo de que aprender era lembrar e sobre a reminiscencia do Mundo das Ideas.

Carta de Critias a Terámenes (X). O retorno da lexislación frumentaria

Os nosos amigos oligarcas están a recuperar e retornando á antiquísima lexislación frumentaria. O seu éxito acumulando riqueza conleva o progresivo empobrecemento da maioría. Téñeno decido e por iso están a anuncialo aos pouquiños. Os oligarcas volven impoñer a Lex Clodia Frumentaria. É certo que outrora como hoxe é o método máis poderoso para frear revoltas e motíns. E como en todas as súas políticas aos nosos amigos oligarcas non lles xera gasto algún.

Carta de Critias a Terámenes (VII). Sobre o Réxime Xeneroso e o seu generosía

Sigo narrándoche, estimado amigo Terámenes, as fazañas dos nosos amigos oligarcas da Republica. A súa aparente tranquilidade esconde pánico aos xentíos.

Carta de Critias a Terámenes (VII). Sobre os recursos humanos

Son admirables e dignas de exposición, estimado Terámenes, as astutas artimañas dos oligarcas destas terras na súa gozosa labor de saqueo da riqueza. O seu ultimísima e enxeñosa ocorrencia está en convencer aos seus pobres seguidores de que non tendo nada van ser felices. Non te rías cando leas estas letras! Eu tamén sorría ata que asistín a varios actos dos xefes das diferentes faccións, e neles explicáronlles aos seus recursos humanos e cargos sorteados “no teras nada e serás feliz” e as xenuflexións e xúbilos foron inmediatas.