Artigos de Fernando Abraldes

A era do despotismo ilustrado sanitario

O despotismo ilustrado desenvolveuse no século XVIII e foi un momento histórico de transición entre as monarquías absolutistas e os sistemas democrático liberais nacidos da revolución francesa. Esencialmente foi un período no que imperaba o paternalismo e que tratou de prolongar a lexitimidade do rei e a súa concentración do poder sobre unha forma de gobernar profundamente demagóxica. Todas as decisións as adoptaba o monarca no nome do benestar, a educación e a felicidade dos súbditos. O rei gobernaba no nome do pobo, pero sen concederlle poder político ningún.

O deber é desobedecer

Comecemos polos feitos. O servizo de urxencias do CHUS ten como norma colocar os pacientes graves nos corredores de acceso, agardando horas para seren atendidos nos puntos destinados a este fin.

LISTAS DE ESPERA: Da realidade á manipulación (II)

O debate sobre as listas de espera non só está adulterado pola ocultación do número de pacientes en espera de atención, tamén está manipulado pola forma en que se ordena a información e polos rateos que se empregan como expresión dunha boa ou mala xestión. A utilización, pola normativa estatal sobre información das listas de espera, dos tempos medios de espera (TME) como magnitude estatística de eficacia resulta claramente inadecuada cando falamos de persoas enfermas cuxa situación non pode nin debe ser ocultada detrás de valores agregados.

Listas de espera: da realidade á manipulación (I)

Desde a administración autonómica e desde os medios de comunicación, prodúcense con certa frecuencia declaracións e análises das listas de espera de atención especializada publicadas semestralmente polo SERGAS.