Artigos de Alexander Vórtice

A loita das letras

Seica, se vostede non desexa entrar no conflito das letras, non debera rasguear nin unha soa palabra máis sobre o papel en branco, nin mostrar os seus escritos en público ou en privado, e moito menos traballar incesantemente por destacar dentro do mundo literario, por moito que a crítica lle sexa favorable e as ovacións cheguen a modo de salvas matinais.

O escritor

Non é só a obra, por grande que sexa esta, senón tamén a historia do personaxe que leva a cabo esa obra o que fai que se vaia perfilando a imaxe do xenio.

Poeta Oroza

Agora quero ostentar a humildade do valente, do que cumpre, do que non le dá valor aos bens materiais -esas cousas duras e xélidas que cospen ao noso espírito ata levalo á profundidade do abandono, da soidade-.

O oficio de escribir

A crítica é unha melodía triste que che regala un sorriso impuro para enseguida malversar co teu ánimo a modo de vinganza.

Se a vida fose así!

Nunha das secuencias máis emblemáticas de Annie Hall, Woody Allen atópase facendo cola para entrar no cine mentres un pomposo pseudointelectual comeza a falar sobre o erudito dos medios de comunicación Marshall McLuhan.

O inferno de Kiko da Silva

Os cans teñen pulgas e Kiko da Silva ten a Rafa Domínguez… Hai pouco máis de 3 anos o debuxante viuse envolto nunha estratexia de desprestixio por parte do PP de Pontevedra e do seu presidente, Rafa Domínguez. Este último usou os altofalantes dos medios de comunicación e do seu partido para soltar unha serie de acusacións cara ao artista: “O amiguismo que impera no Concello fai que Kiko da Silva, do BNG, sexa o elixido a dedo para realizar o cartel do Entroido e o cobre ao momento”, aseveraba o líder ‘popular’.

Ter poucas luces

A mentira é un triste sustitutivo da verdade. Algúns gurús, filósofos ou mesmo científicos, aseguran que a mentira forma parte da evolución humana: o ser humano, ao converterse nun ser social, utiliza este ‘instrumento’ para sobrevivir na contorna que lle tocou en sorte; é dicir, a mentira pode chegar a utilizarse de xeito reiterado para alcanzar unha infinidade de cousas, ou simplemente para agradar ou embaucar á xente que nos rodea.

Cuarto 219

O pasado día 22 de decembro faleceu a miña nai, Sara. Ela padeceu moitísimo ata o último dos seus días, máis do que calquera quixese padecer en circunstancias similares.
Alexander Vórtice Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979) é xornalista, poeta, novelista, columnista, escritor e colaborador en Diario de Pontevedra, PontevedraViva, Diario16, Crónicas PTV e nas revistas culturais Falando con Letras, En tempos de Aletheia e Oceanum. As súas obras publicadas ata o momento grazas ao pulso dos golpes e as caídas son: Destilería Ocaso (2004), Neurose Tremens (2005), Material de Soños (2008), Deus e Outros Superheroes (2013), Atrofiadas as Estrelas (2015), Crónica dun Home Bo (2016), Vexetacións Carnívoras (2017), Tempa Maltreita (2019) e Diagnóstico Interior (2021).