Artigos de Xesús Veiga

Politizar a xustiza e xudicializar a política

Vense utilizando, dende hai mais de 10 anos, a expresión "politización da xustiza e xudicialización da política" para describir unha das anomalías que caracteriza o funcionamento do sistema político español.

As dificultades dun matrimonio político de conveniencia

Hai agora un ano, asistimos a unha poderosa ofensiva da dereita política, mediática e xudicial contra o proxecto de lei de amnistía que contemplaba a cancelación das consecuencias penais derivadas dos acontecementos rexistrados en Cataluña durante os anos do chamado "procés".

Vellas tensións no seo do BNG

Nas semanas anteriores á celebración da XVIII Asemblea Nacional do BNG todas as aparencias indicaban que estabamos diante dunha cita desprovista de tensións internas.

CRTVG: A historia dunha frustración

No vindeiro 2025 cumpriranse 40 anos da creación da Radio e da TV galegas. Naquel lonxano 1985, estes medios de comunicación públicos nacían cun obxectivo básico: contribuír á normalización da lingua e da cultura dun País que viña de atravesar a longa noite da ditadura franquista.

22 anos despois, o PP comete os mesmos erros

Para quen vivimos -hai agora 22 anos- a catástrofe do Prestige resulta mais doado entender todo o acontecido arredor da traxedia destes últimos días nalgunhas comarcas do Pais Valenciá e noutros territorios limítrofes.

Todo o poder para Trump

A lóxica expectación creada arredor das eleccións celebradas este pasado día 5 nos Estados Unidos xa ten un desenlace práctico. Donald Trump regresa á Casa Branca cun poder absoluto: ademais de conseguir a vitoria fronte a Kamala Harris (nesta ocasión, obtendo tamén unha maioría de votos populares), ten asegurado o control da Cámara de Representantes e do Senado e segue mantendo a coñecida maioría de membros do Tribunal Supremo.

A verdade incómoda sobre o galego

A recente publicación polo IGE dos datos sobre coñecemento e uso do idioma galego no ano 2023 proporciona unha perspectiva cuantitativa de 20 anos sobre a evolución das distintas variábeis concernidas neste importante asunto e serve para constatar o notábel devalo experimentado pola lingua, especialmente nos sectores mais novos da sociedade galega.

O poder destrutor do estado de Israel

Realizar análises sobre os acontecementos rexistrados dende o 7 de Outubro de 2023 nos territorios de Gaza, de Cisxordania e, mais recentemente, do Líbano, require asumir a incomodidade de formular xuízos explicativos racionais sobre unha inxente acumulación de perdas de vidas humanas e destrución de recursos materiais imprescindíbeis para asegurar a existencia digna de milleiros de persoas.