Artigos de Xosé Glez.

Benito Montero, un fiscal de lei

Xubílase don Benito Montero Prego, fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra. A Irmandade Xurídica Galega, rama xurídica da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG), vaille organizar unha homenaxe. Os seus abondosos méritos fano merecente da gratitude daqueles xuristas que seguiron o seu exemplo na utilización da lingua galega na actividade xudicial.

Cantares do Brión

No devalar dos anos sesenta e dous/sesenta e tres do séculos pasado, cando eu era un mociño e cursaba o bacharelato, nas longas sesións de estudo nocturno, os xoves adoitaba facer unha paradiñas ás doce da medianoite para tomar un café do contrabando que nos traía unha veciña, a señora Virginia, unha arraiana de Monçao, e escoitar en RNE un programa que dirixia e presentaba o xornalistas eumés Manuel Torreiglesias, titulado “Pandeirada”.

No devalar do tempo. Aniversario en Mondariz

Refírome ao Concello de Mondariz-Balneario que se constituíu en 1924 e do que foi concelleiro o poeta Ramón Cabanillas. Unha entidade territorial que pola súa historia, ubicación xeográfica, patrimonio arquitectónico, tradicional e monumental, ben puidera ter un tratamento xurídico especial acolléndose á Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español que no seu artigo 15.5 declara Sitio Histórico a “aquel lugar ou paraxe natural vencellado a acontecementos ou lebranzas do pasado, as tradicións populares, creacións culturais ou da natureza e á obra do home, que posúan valor histórico, etnolóxico, paleontolóxico ou antropolóxico”. O teor literal deste precepto foi incorporado á Lei 8/1995,do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia.

Alexandre Bóveda detrás dunha porta de aluminio

Todos o anos o día 17 de agosto celébrase o Día da Galicia Mártir dedicado á lembranza da memoria de Alexandre Bóveda. O acto realizase ao pé da rotonda que hai nun extremo da ponte da Barca, xa en territorio do Concello de Poio, no camiño de subida á Caeira. Hai ben anos que se erixíu ali un monumento que dá conta do lugar onde foi vilmente asasinado.

Ben deitamos!

Cando en 1925 no Iº Congreso de Economía de Galicia se debateron interesantísimos e fundamentados relatorios para a modernización de Galicia, desenvolvemento económico e creación de infraestruturas que vertebrasen o País, tamén se propuxo a oportunidade de identificar os nosos produtos coa lingua que os vía nacer. Tiveron que pasar moitas décadas para que aqueles desexos se materializasen hoxe coa proliferación de etiquetas en lingua galega. Tampouco Álvaro das Casas puido imaxinar que a mesma arela expresada no manifesto de constitución da Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia (1936) se convertíse hoxe nunha feliz realidade.

No Día da Patria. Dos ditos aos feitos

O Día da Patria celebrarase este ano unha vez máis en Compostela, e alí acudiran milleiros de persoas convocadas por diversas organizacións nacionalistas para deixaren constancia do seu amor á Terra; un sentimento que hoxe ten varias expresións ideolóxicas que representan os intereses dos distintos estratos sociais.

Por que non consumimos en galego?

En Santiago de Compostela celébranse ao longo do ano moitísimas concentracións populares de diverso tipo: para demandar emprego e solucións para os problemas do agro e do mar; na defensa da sanidade e ensino públicos; na defensa da lingua galega co gallo da celebración do Día das Letras Galegas; Día da Patria Galega, e moitas outras de inequívoco significado nacionalista a teor do uso da lingua galega nas pancartas e proclamas.

Tempo de festas

Se eu formase parte dunha comisión de festas había ter ben presentes algúns aspectos fundamentais.