Artigos de Xosé Glez.

Maios en Leiro

A Asociación Álvaro das Casas coa colaboración do Concello de Leiro convocan un ano máis a festa dos maios. Será o vindeiro día trece. Unha tradición que segundo o etnógrafo Clodio González Pérez pervivíu non se sabe desde cando ata 1930 que foi cando deixaron de celebrarse.

Mil festas máis para a lingua galega

Un pobo que non canta na súa lingua é un pobo sen identidade de seu. Con palabras semellantes dixérao Prudencio Romo, músico e compositor, “alma mater” da orquestra “Los Tamara” pouco antes do seu pasamento nunha entrevista emitida pola TVG ao comentar as razóns que os moverán a cantar en galego. O seu acerto consistíu en recrear as vellas tonadas presentándoas en ritmos modernos que lles reportaron notables éxitos.

Arturo Noguerol

No calendario das efemérides do nacionalismo/galeguismo non aparece cos seus merecementos Arturo Noguerol.

Franco Grande, fillo predilecto de Tomiño

A corporación municipal do Concello de Tomiño vén de aprobar a proposta da súa Alcaldesa, Sandra González Álvarez, de nomear Fillo Predilecto ao escritor Xosé L. Franco Grande.

Galeguismo xurídico en Chantada

A Irmandade Xurídica Galega segue a celebrar actos en cidades e vilas de Galicia para dinamizar o fomento da lingua galega aos usos xurídicos. O que semellaba unha tarefa imposible –nada o é se media a constancia e unha boa estratexia-, hoxe son moitos os profesionais do Dereito receptivos á proposta regaleguizadora.

Castrelo de Miño, 45 anos despois

En realidade, para dicir ben, a presa comezara a construirse dous anos antes, pero foi en 1966 cando se rexistraron as primeiras mobilizacións dos afectados apoiadas por unha opinión pública que se coaba polas fendas do poder absoluto.

En galego, agora e sempre

Con este lema a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vén convocando tódolos anos aos concellos galegos para organizar actos nos camposantos coa finalidade de restituír a memoria lingüística dos nosos devanceiros.

Na Estrada, polo Dereito

Durante o tempo que don Fermín Bouza Brey exerceu a titularidade do xulgado do partido xudicial da Estrada non dictou ningunha sentenza en lingua galega.