Artigos de Manuel H. Iglesias

Unha voz tenebrosa

Falan, a grande maioría, cunha voz que anuncia treboadas e disgracias; falan cunhas verbas que resoan a medo pois, sibilinamente, anuncian disgracias e maldicións bíblicas. Fan premonicións que veñen do máis alá, do fondo das tebras. E para elo, aproveitan os actos de estado para que as súas misivas se escoiten e teñan resonancia por todos os lugares da orbe.

Pero, houbo diálogo social?

A verdade é que os aconteceres na política diaria non deixan de seren un tanto desconcertantes e mesmo contradictorios. Pois, que agora se fale de dialogo social, despois da reforma laboral que o goberno de Rajoy implantou deixando de lado ós sindicatos, parece máis ben unha broma de mal gusto que unha boa nova.

Anova na encrucillada

Como se fora o parto dos montes, dende a marcha de Quintana, e o abandono do BNG de dous sectores que conformaban a fronte política, unha parte do nacionalismo galego baixo as siglas de Anova, busca unha definición clara do que pretende ser, cara onde quere ir, e con quen o fai, motivo polo que non atopa acougo político. A falla de definición, os pactos con forzas de ámeto estatal, un proxecto que supere o teatralismo e o exabrupto permanente, colocaron a esta formación nun terreo complicado, que amosa unha división interna seria e difícil de restañar.

Suiza

Emigrar para Suiza foi, hai varias décadas, a pretensión de moitos galegos que, buscando mellor vida, soñaban con xuntar uns francos e logo facer unha casa, algunha ó estilo alpino, na aldea que os viu nacer.

Manterse no poder a toda costa

Ate de agora as normas parlamentarias, reglamentos e leis electorais que rixen os procesos dos países democráticos fixéronse sempre por consenso das forzas representadas na mesma institución. É unha norma non escrita que se mantén na maioría dos territorios onde se elixen ós representates políticos nas urnas. Pero agora, coa chegada de Feijoo e os seus, parece que as cousas van a trocar dunha maneira radical. E así será se a cidadanía non o para, cuestión difícil, pois os votantes descoñecen moitos dos mecanismos internos que regulan o funcionamento das institucións parlamentarias e os procesos electorais; e co tema da crise andan enfrascados na procura e solución dos seus problemas que non son poucos.

Un valse venezolano

A verdade é que nestes últimos anos nesta nosa terra aconteceron cousas que, de momento e por moito que digan Rajoy, Feijoo e os seus, están a desfacer o país a cachos. Galicia pasa por momentos malos e o que aconteza de agora en adiante non deixará de ser unha imprevisión con augurios negativos.

Cambalache

Son dos que creo que a historia non se repite, pero si que existen certos feitos que semellan paralelismos que acontecen nas sociedades cada certo tempo, fitos que nos indican que debemos coñecer o pasado para, na medida do posible, entender o presente e intuír o futuro.

Beatificacións e mortos nas cunetas

A historia demóstranos que, cando un conflicto bélico como foi a guerra civil do 36 asola un país, as grandes feridas sempre se restañan cun pacto e un perdón colectivo. Pois, de non facerse desa maneira, estas traxedias seguen supurando, o que ven a ser o mesmo que afirmar que as feridas non están pechadas e son motivo de preocupación alomenos da parte, neste caso, dos perdedores, pois estes reclaman recoñecemento e xustiza para os seus mortos.