Artigos de Manuel H. Iglesias

A desfeita do rural

Aínda que os problemas estean ben á vista, ó non estaren na mesa onde se decide a política, é como se non existiran.

Tempo de mudanzas

O peso dos anos sempre deixa sinais que van máis alá do físico. A vida, que é unha lección de aprendizaxe permanente, vainos modelando, pois a complexa realidade na que vivimos e o paso do tempo axudan a reflexionar e ver as cousas con menos paixón que cando se é mozo. E iso damos prespectivas que, maiormente, obríganos a ser moito máis pracmáticos, e polo tanto non estar tan absortos unicamente por unha ideoloxía que, ás veces, domínao todo.

E Feijóo na Praza Colón

Que en Galicia non pasa nada é o que pensa Feijoo. Pois, segundo din os seus, todas son manifestacións políticas que non teñen de sentido. E por iso atende a chamada do seu presidente Casado quen lle mandou un SOS a modo de orde, para que estivera na praza Colón, no canto de estaren Nova Ior se non, como debía, en Compostela vendo e escoitando á milleiros de galegos reclamar un mellor funcionamento da sanidade pública.

A casa sen barrer

Que o patio da política anda revolto niguén o discute. Que si os das Marea e os de Podemos andan a labazadas verbais tampouco; que si uns defenden a Maduro e outros a Guaído tamén; que si outros lanzan avisos pra xuntarse cos antigos compañeiros galegos para as europeas, pois así parece. E así unha morea de asuntos que indican que tanto a nivel galego como do Estado, o patio anda alporizado e moi revolto.

Culpable sen probas

Despois de escoitar que Pablo Ibar é culpable como mínimo a cadea perpetua, dúas cuestións asaltan o meu pensamento. Son dous temas que, en certa medida, desacougarían a calquera persoa con dous dedos de frente.

Sen obxectivos nin metas

Despois de pechar o balance do ano, tanto a nivel individual como colectivo, sempre se marcan novas metas e obxectivos para os 365 días que se encetan. Fíxose así sempre, aínda que foran en tempos ben escuros. Tratar de mellorar e de ilusionar ós gobernados sempre foi importante.

Por imperativo legal

Un raposo trata de convencer a un galo dicíndolle que, agora hai unhas leis que nos obrigan a levarnos ben uns cos outros. O galo, incrédulo, fuxe e súbese a unha pola dun castiñeiro buscando seguridade, pois non se fía do raposo. Mentres o raposo insiste dicindolle: baixa, baixa, pois non corres ningún perigo. Mais o galo respóstalle: non baixo que as leis van e veñen segundo a comenencia e ocasión de quen goberna.

Excesos verbais

Vivimos nunha sociedade á que moitos sociologos lle chaman líquida porque está en constante evolución e, nos tempos actuais, camiña a moita velocidade. Desta maneira o que hoxe é norma dentro de pouco tempo xa non ten valor, pois mudou e xa é prescindible.