Artigos de Marisol Soneira

As viaxes "institucionais" do Goberno galego

Os galegos espallados polo mundo son un dos maiores activos con que conta este pequeno, e vello país, situado no Fisterra de Europa.

As nosas fillas poden ser putas?

Hoxe escoitei a Bibiana Aído criticar os anuncios que venden carne humana en medios de comunicación. Non podo estar mais de acordo xa que non me imaxino que ningún destes medios aceptara a mesma publicidade se o que se ofertasen foran escravas. E, sen embargo, hai poucas diferencias entre unha actividade e outra.

Eu tamén son galega, coma Zapatero...E a moita honra!

Sempre tiven un respecto inmenso polos compañeiros meus que se dedican a isto da política no País Vasco. Tamén polos militantes do Partido Popular que, coma no noso caso, honran a toda a sociedade co seu compromiso e co exercicio dun ideal mais aló do que o deber nos esixe a todos. Incluso tiven a oportunidade de convivir, durante 24 horas cun compañeiro concelleiro de Donostia, para vivir en primeira persoa o que significa ser cargo público nun lugar en que, a maioría silenciosa, vota pero non se atreve a opinar en público porque nunca sabe quen pode estar escoitando.

Unha modesta reflexión sobre o galego

Cando eu era pequena estaba convencida de que no mundo solo se falaban dúas linguas, o galego e o castelán, e que unha era o idioma dos pobres e a outra a dos ricos. Era así porque no meu pobo, Camariñas, os mariñeiros, os labregos, as mulleres da fábrica de conserva... todos cantos dobraban o espiñazo na procura do sustento, falábamos exclusivamente en galego. No outro lado estaban os que mandaban e representaban o poder: a mestra, o cura, a garda civil, o xuíz de paz, a señorita solteirona de familia ben pero vida a menos... todos os que non necesitaban facer traballos físicos e penosos eran, para os meus ollos de nena, ricos... e todos eles falaban castelán.