Artigos de Xabier Ron

Traballar máis por menos?

Un comeza a estar xa farto de tanta tontería, de tanto disparate verquido sobre as persoas que traballan na función pública. Funcionarios hainos de distinto tipo, desde os que están mellor tratados até os que están abaixo, en función do tipo de oposición aprobada, do mesmo xeito que na privada os cargos directivos 'mexan' por riba do salario do salario que gañan os traballadores e traballadoras.

Nós e o medo ante a dereita

Non é doado falar do medo. "O medo garda a viña e non quen a vindima", "O que ten cú, ten medo", recóllese no Refraneiro galego de Taboada-Chivite. O saber popular sempre deu forma de sentenza ao medo: quizais, unha forma de dominalo.

A fábula do Deus-Mercado

Todo acontecera un venres. Como a traizón. No remate da semana laboral para moitas persoas. Sen querer deixar tempo de reacción. Un luns sería máis doado organizar toda unha semana de contestación. Mais, aínda así o escándalo estalou, pero todo era máis controlable. Para os máis contestatarios, o máis aldraxante foi comprobar, ao día seguinte, que omitiran de forma deliberada na súa presentación pública detalles non tan pequenos que amosan a baixa catadura moral dos suxeitos.

Novas coiteladas desangran o ensino público

Vaiamos por partes, xa que a semana foi intensa en malas novas para os que defendemos a educación pública. Malas novas que foron anunciadas –e vendidas como se fosen un favor á sociedade- polos responsables de educación no Estado e en Galicia.

O mundo ás avessas

O día a día comeza coa negrura, coa escuridade sobre un horizonte cada vez máis difuminado. Xa non abres o xornal. Demasiados intereses en xogo como para poder aprehender a verdade desde un único medio. Entón escoitas a rúa como se pronuncia neste inverno escaso de auga.

Aínda non gobernan, e xa dan medo

Claro, alguén, despois dos resultados do 20 N pode pensar, "que se fastidien, que non votaran así". Mais, moito me temo que, precisamente, estas persoas non os votaron porque, sinxelamente, moitas non teñen ese dereito democrático básico.

Stoppt das Euro-desaster! de Max Otte

Unha primeira advertencia: prefiro deixar o título en alemán. O título castelán, ¡Frenad el desastre del euro! (Ariel, Barcelona, 2011, tradución de Lluís Miralles de Imperial) focalízao todo ao redor da moeda única, e deixa entrever como unha certa positividade debido á necesidade de salvala.

En defensa de Amadeu Sanchís

Pode que estas palabras sexan innecesarias, pero hoxe non me asiste a contención, xa que estou farto da necidade existente neste país e farto sobre o contido e o tufo ideolóxico de fondo que acompaña a algunhas das decisións xudiciais existentes na xeografía do Estado español.
Xabier Ron Nado en Lyon (Francia), 16 de febreiro de 1970. Licenciado en Filoloxía Románica pola USC. Na actualidade docente de lingua francesa no CPI Pontecesures. Especialista na lírica dos trobadores románicos, sobre todo do cancioneiro galego-portugués, dos que versa a súa tese de doutoramente, en fase de elaboración. Activista político e social, milita no Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais; coordinador comarcal de Esquerda Unida en Compostela. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación. É deputado por AGE no Parlamento galego.