Artigos de Marcos Pérez Pena

Proxecto xornalístico e proxecto político

Todo proxecto xornalístico é ontoloxicamente un proxecto político, en primeiro lugar porque todo é política e así debe ser reivindicado, pero sobre todo porque o xornalismo implica sempre unha toma de posición na xestión dos asuntos públicos e unha delimitación do punto de vista que se deita sobre a realidade. Porén, asistimos moitas veces a proxectos xornalísticos que sofren unha excesiva supeditación a unha función preconcibida de creación de marcos de significación ou de conformación da opinión pública ao abeiro dun proxecto ideolóxico.

O xornalismo do futuro será dixital, de calidade e de pago

No medio das ducias de debates cruzados que se encetan nun escenario incerto e complexo, cómpre fixar e poñer en común algúns conceptos, comezando por un que para min é fulcral: o xornalismo é importante.

Ao redor da idea dun novo xornal dixital galego (II)

De que xeito recompoñer, fortalecer ou crear novos medios de comunicación galegos na rede? Velaquí o escenario: cada vez menos xente paga por acceder a información e a publicidade está retraída nun contexto de crise económica e expectativas pesimistas. Calquera proxecto dun novo medio na rede debe contemplar que, malia ter custes bastante menores, o certo é que polo de agora os medios dixitais tampouco xeran demasiados ingresos.

Unha folga invisible é un fracaso

A folga convocada pola CIG tivo un resultado moi cativo, como era esperable e como prevía o propio sindicato, polo que se cadra non se pode falar de fracaso. O obxectivo (e o éxito) da convocatoria, como lembraron varios dirixentes de CIG e BNG nos últimos días, era a propia decisión de convocar o paro, non a súa incidencia real. Rexeito totalmente este tipo de argumentacións testemuñalistas, mais comprendo a argumentación de quen defenda que nunha situación de evidentes e numerosas razóns para chamar a unha folga xeral é mellor convocala e que fracase que non facer nada.

Ao redor da idea dun novo xornal dixital galego (I)

En 2010 desapareceron Vieiros e A Nosa Terra; Xornal, Galicia-Hoxe e A Peneira sobreviven con dificultades, o mesmo que Tempos Novos. Por riba daqueles que culpan a Feijoo de todas as nosas desgrazas e do peche dos medios de comunicación en galego, quizais a pregunta que deberiamos facer é por que a sociedade galega, ou a sociedade galegofalante, ou os galegofalantes activos, ou a Galicia progresista, como se queira, non é quen de poñer en marcha e soster medios de comunicación que os representen, que supoñan un contrapoder e un altofalante dos grupos alternativos á hexemonía do PP e que empreguen o galego como vehículo principal de expresión.

Islandia, paraíso do xornalismo libre?

Algo grande está pasando en Islandia. A illa foi o mellor exemplo da fraxilidade dun sistema económico e financeiro de base especulativa e irreal; en outubro de 2009 os seus tres bancos principais (que multiplicaban por dez o PIB do país) declaráronse en bancarrota; a Bolsa suspendeu a súa actividade cando os seus valores afundiron máis dun 70% e a coroa islandesa perdeu máis da metade do seu valor. O país cos mellores índices de calidade de vida do mundo quebrou. Islandia non podía facer fronte aos seus acredores e Gran Bretaña aplicoulle a lei antiterrorista para conxelar os movementos dos seus bancos; colocaron a Islandia canda a Corea do Norte, Sudán ou Al-Qaeda.

Onde están os colectivos sociais?

No número de decembro de Tempos Novos (nº 163) preguntábame que está facendo Galiza Non Se Vende e en xeral o conxunto dos movementos sociais do país, onde se meteron no último ano, unha pregunta apresurada pola que xa recibín un par de correos que querían afondar comigo no asunto.
Marcos Pérez Pena Marcos S. Pérez Pena (Montevideo, 1980) é xornalista e investigador en comunicación. Doutor en Xornalismo pola USC con unha tese sobre os medios de comunicación galegos na Transición. Autor de "Milladoiro. A Galicia de Maeloc. Unha fotobiografía" (Galaxia) Marcos S. Pérez traballou en Vieiros, Gznación, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, e colaborou con revistas como Tempos Novos, Murguía ou ECO-Revista del Eje Atlántico.