Artigos de Carlos Callón

Van de modernos, mais parecen o NO-DO. Temos que activarnos!

O concello de Ribeira é un dos poucos de Galiza onde ten presenza institucional o partido do Ibex 35, máis coñecido como Ciudadanos. Para Cataluña, a nación para a que comezou a pensarse esta formación, decidiron no bautismo que a marca fose "Ciutadans".

En feminino

Que Yolanda Castaño e María Reimóndez teñen un enorme talento e unha portentosa capacidade de traballo hai moito tempo que ninguén o pode discutir.

Fai teu o galego!

Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas e que para falar o idioma de Galiza na propia terra hai unha serie de dificultades a maiores.

Unha pregunta a Negreira sobre Millán Astray

E se Hitler fose recoñecido como fillo adoptivo dun concello antes de ser Führer, habería que devolverlle agora o recoñecemento?

Propostas para vivirmos en galego

Hai quen quere cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo.

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Estou a revisar as probas do meu próximo libro, que levará por título Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Trátase dun manual de autoaxuda con consellos prácticos para podermos desenvolver a vida en galego.

Abrindo portas á lingua

O venres tiven o primeiro encontro coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e debo sinalar que foi do máis cordial, a pesar das discrepancias de visión en aspectos centrais sobre o que significa termos un idioma propio e a vulneración de dereitos lingüísticos que se dan en Galiza.

Case 40 presentacións e nin medio segundo na TVG

Hai xa uns meses que ando percorrendo o país para falar sobre a situación do idioma tendo como escusa a presentación do libro En castellano no hay problema.