Artigos de Óscar de la Parte

De resignación e dominación

George Lakoff afirma que "O enmarcado ten que ver con elixir a linguaxe que encaixa na túa visión do mundo. Pero non só ten que ver coa linguaxe. O primeiro son as ideas. E a linguaxe transmite esas ideas, evoca esas ideas”.

Hai que sinalalos

O día 21 de outubro, Galicia elixe representantes parlamentarios. O resultado obtido nos comicios lexitimará ou castigará a acción dos populares nas institucións: dende os concellos pequenos, que debaten sobre as súas competencias, autonomía e validez, ata as grandes decisións de Estado, como a de dobrar o xeonllo ante o Bundesbank.

Os títulos de Feijóo

Ante o caos económico xeneralizado, as imposicións da Unión Europea e a axenda de recortes,o Presidente Feijóo vese comprometido a un dobre esforzo no embuste. Debe presentarse ante os votantes galegos como o verso solto do seu partido, o líder rebelde que desafía a imposición dunhas siglas neoconservadoras. Á vez, ha de exhibirse ante o seu xefe de partido como o delfín do conservadorismo, unha moa máis do aparato. Nesta encrucillada, encontramos o pragmático presidente da Xunta, preocupado por medrar en Madrid. Experto na pose e o autobombo, a Feijóo só lle importa Feijóo e, a imaxe dos grandes rexentes, el atesoura e coida con celo materno os títulos que vai adquirindo.

A política, os medios de comunicación e a prostitución da verdade

Nos tempos que corren de incerteza persoal e institucional, hai moitas palabras que cambiaron o seu significado. Un piso, pasou de ser un fogar, a un activo tóxico. Un banco evolucionou de cómplice, de compañeiro de esmorgas, a prestamista enfurecido. O futuro pasou de ser unha oportunidade a unha ameaza. Nesta catarse social na que levamos embarcados dende outono de 2008, o que non mudou morreu. Unha da máis destacable variación é a percepción que ten o cidadán dos seus representantes institucionais, os políticos.
Óscar de la Parte Nado en Madrid en 1985, cursei os meus estudos superiores na Universidade Complutense de Madrid, obtendo licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración en 2009, onde me especializo como analista político. En setembro dese mesmo ano trasládome a vivir a Lugo. En 2010 comezo a traballar a empresa farmacéutica Nupel, onde, despois de ser elixido membro negociador do ERE, saio por liquidación da empresa en 2011. Durante dito ano, escribo artigos nalgún medio dixital de xeito discontinuo. Actualmente, traballo en asesoramento político e colaboro en diversos blogs de política e comunicación.