Artigos de Lois Pérez Leira

CELAC: "La madre patria" morreu

A celebración do II Cume da CELAC na Habana, foi un éxito histórico da comunidade Latinoamericana e do Caribe. Nunca antes seguramente se reuniran tantos presidentes e xefes de Estado de gobernos democráticos, nun conclave deste tipo. E nunca existiu tanta sintonía política, malia a pluralidade destes representantes. Doutra banda o encontro foi unha gran vitoria de Cuba e o seu goberno, converténdoa nun dos motores morais e solidarios do continente Americano.

Melchor Roel na memoria

Coñecín a Melchor Roel no porto de Bos Aires o 27 de setembro de 1975. Os dous compartimos o mesmo viaxe de retorno a Vigo, no último percorrido do trasatlántico Cabo San Roque. Recordo que mentres o buque se afastaba do peirao, escoitábanse gritos de compañeiros e amigos da mocidade comunista, que gritaban ¡que morra¡ ¡que morra!. A emoción de partir, de ver aos meus pais axitar os seus panos brancos, con bágoas nos ollos, non me deixaron comprender exactamente o que estaba pasando nese momento. O Porque de tantos gritos?.

Moción de censura

No últimos plenos do Concello, algúns veciños e activistas sociais déronse cita para escoitar temas de interese, como os despedimentos das traballadoras dos centros cívicos. Logo de oír estoicamente a longa e aburrida sesión, observei que algúns dos presentes mostraban carteis nos nos que pedían unha moción de censura para Abel Caballero. Ao principio sorprendeume, mais ao terminar a sesión decateime da necesidade de facelo.

Fronte Política e Social de Esquerda xa!

Os partidos están engrasando a súa maquinaria política para preparase para o vindeiro desafio electoral: as europeas. O PSOE atravesa o deserto no medio dunha gran crise de liderado e de perda de votos, intentando reconverterse en mais do mesmo.

As europeas

Os resultados da última enquisa de Sondaxe -a pesar da maquillaxe dos seus datos -demostra a tendencia ascendente de Alternativa Galega de Esquerda. Case con seguridade que unha enquisa obxectiva indicaría que AGE xa é a segunda forza electoral, converténdose na autentica alternativa, á dereita vernácula do noso país.

R. Suárez Picallo, X. Manuel Beiras e a Fronte Popular

A importante declaración de ANOVA – Irmandade Nacionalista convocando a creación dunha fronte electoral sen exclusións para as vindeiras eleccións europeas é un paso moi importante para ir perfilando unha nova Fronte Popular como en 1936.

Beiras e a fronte ampla non excluínte

A proposta de Xosé Manuel Beiras, aceptada por unanimidade pola Coordinadora Nacional de ANOVA, facendo un chamamento a conformar unha fronte ampla non excluínte para as vindeiras eleccións Europeas, convértese nun feito histórico transcendental para dar os pasos políticos cara unha verdadeira ruptura democrática.

Salvador Allende no recordo

"Superarán otros hombres este momento gris y amargo en el que la traición pretende imponerse. Sigan ustedes sabiendo que, mucho más temprano que tarde, de nuevo se abrirán las grandes alamedas por donde pase el hombre libre, para construir una sociedad mejor. ¡Viva Chile! ¡Viva el pueblo! ¡Vivan los trabajadores! Estas son mis últimas palabras y tengo la certeza de que mi sacrificio no será en vano, tengo la certeza de que, por lo menos, será una lección moral que castigará la felonía, la cobardía y la traición." Salvador Allende
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.