Artigos de X.A. Pérez-Lema

Falemos de emprendedores

Bó sería que Galicia for o país europeo onde máis doado fose fundar unha empresa, respectando sempre á legalidade administrativa, ambiental, fiscal e laboral. A dereita e a esquerda españolas nunca miraron pola empresa.

Aeroportos e localismos

O balbordo continuo dos tres localismos, agravado polas opinións parciais dos Clubes Financeiros de Compostela e Vigo e pola desputa interna no PP santiagués sobre a paternidade do novo vóo a Estambul de Turkish Airlines (un vóo que habería atribuir moito máis á potencialidade de Inditex ca a política turística das nosas Institucións), xustifica insistirmos, outravolta, nalgunhas realidades sobre o País que temos e sobre que servizo aéreo precisamos.

Carga de dignidade

A dependencia do Goberno do Estado sempre lle xerou desgrazas á construción naval civil ferrolá. A salvaxe reconversión de Felipe González reduciu os empregados de Astano-Fene de 6500 a uns 1000, mentres priorizaba os estaleiros de Sestao e Puerto Real, a pesar de que Astano era o máis experto e eficiente. Pola súa banda, Aznar pactou sen decoro ningún a prohibición da construción naval civil até 2015 da factoria fenesa para garantir o saneamento da débeda de 1200 M€ de Navantia, xerada entre 1999 e 2004 pola ineficacia andaluza e cartaxenera, xa que Navantia-Fene estaba inactiva na altura .

A caída do bipartidismo dinástico

Os últimos inquéritos reflicten o estado de ánimo electoral que tamen se percebe na rúa. Nunca na historia demoscópica coñecida existiu un Goberno do Estado que xerara máis desconfianza cara o seu Presidente e máis rexeitamento cara a xestión de todos e cada un dos seus Departamentos. O que non é chocante, non só polo absoluto fracaso gubernamental na xeración de emprego e crecemento e polo seu grave incumprimento do seu contrato electoral, senón pola actitude asocial, anticidadá e mesmo “freaky” de ministr@s como Gallardón, Wert, Ana Mato, Margallo, Montoro ou F. Diez. Este Gabinete é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós.

Tres aeroportos para un País

Os aeroportos galegos son un bó exemplo de cómo esa catástrofe chamada AENA xera ineficiencia e división entre galegos. AENA é a Administración aeroportuaria máis centralizada e ineficaz da Europa. Compre. pois, a transferencia á Xunta dos aeroportos, reservándose o Estado o control do tránsito aéreo no marco da UE.

Máis iniciativa privada

O Goberno Rajoy ratificounos este día que o desemprego e, xa que logo, a cohesión social, o crecemento e mesmo o sofrimento das persoas non son as súas prioridades. Rajoy, ao tempo, ratificou que non ten un relato para promover nin a actividade económica nin o emprendemento. Demóstrase nidiamente que a dereita española é remisa a confiar na inicativa privada e social e non ten un Plan para os emprendedores.

Tirarmos as hipotecas da lingua

A axustada elección presidencial na Academia Galega (RAG) amosa a necesidade de desenvolver unha intelixente política de concordia que reformule, canda outras Institucións e axentes sociais, os alicerces da acción normalizadora na sociedade dos últimos trinta anos, limitada canto aos seus éxitos.

A lexislación antiterrorista

Confésolles que nunca acreditei na utilidade nin na xustiza da lexislación antiterrorista. Son dos que creo que compre acusar, xulgar e, se é o caso, condenar terroristas ao abeiro da mesma lei que rexe para os restantes delincuentes. Dez días de detención, no canto de tres, constitúen unha barbaridade xurídica.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.