Falemos de emprendedores

Bó sería que Galicia for o país europeo onde máis doado fose fundar unha empresa, respectando sempre á legalidade administrativa, ambiental, fiscal e laboral. A dereita e a esquerda españolas nunca miraron pola empresa.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 02/06/2013

Comparte esta noticia

O capitalismo español foi históricamente un capitalismo alicerzado no BOE e esta situación non mudou, mesmo afortalouse, coas privatizacións de Felipe González e Aznar-Rato, que consolidaron un núcleo de empresas reguladas e moi politizadas, que sobrancean no IBEX 35 canda bancos e distribuidoras eléctricas.

Mais detras dalgunhas propostas pro-emprendemento empresarial agáchase unha trampulleira maquillaxe das porcentaxes do desemprego  para reduciren as prestacións. Non se lle pode própór a ninguén, con só 3000 euros de axuda e unha cota de SS de 50 €/mes algún tempo, que emprenda un proxecto empresarial para o que non conta con formación nin vai contar con financiamento. A aventura remataría nun ano coa expulsión do mercado dese falso autónomo, seica lastrado cunha débeda importante sobre o seu patrimonio e o dos seus máis próximos.

Promover o emprendemento obriga a outra caste de políticas. Obriga a moderar as cotizacións da SS para as pemes e a só percebir o IVE destas cando se cobre. Obriga fornecer de instrumentos de formación empresarial continua que permitan coñecer os mercados e albiscar as oportunidades. E, nomeadamente, debe fomentar colaboracións e sinerxias entre emprendedores. Sós non podemos, ao mellor con socios si. E a economía social, coas súas cooperativas e sociedades limitadas laborais, estase a revelar como un eixo transversal que destrúe moito menos emprego ca a grande empresa capitalista, por exemplo. Estase a revelar como un muro á destrución de emprego, polo menos na nosa Galicia.

Promovermos o emprendemento, si. Mais sen nos enganar con falsas cadraturas do circulo.

A arrincadeira: o absurdo localismo

O descenso non ten doada solución, agás confiar nunha nova equipa alicerzada no adestrador-Fernando Vázquez-que nos devolveu a ilusión e nesta afección, a mellor da Europa. Parabéns ao Celta, que demostrou ter unha afección maioritariamente galega e deportiva, agás excepcións lamentábeis.       

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.