A homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas é unha muller que viviu a catástrofe máis grande da nosa costa na súa infancia, o 'Prestige', e que de maior tivo que vovler ás praias para recoller pélets.
  comenta   0
O pleno do Parlamento Europeo apoiou este martes medidas máis estritas para previr novas verteduras de pélets de plástico como o que afectou no principio do ano as costas galegas co obxectivo de lograr as "perdas cero" e responsabilizar aos operadores da súa limpeza no caso de que ocorran.
  comenta   0
A Xunta acusou este martes ao Goberno central de "dar longas" á Administración galega e esixiu que inicie "canto antes" o procedemento legal para reclamar a responsabilidade ambiental polo impacto do incidente do buque Toconao, co obxectivo de que Galicia recupere o investido na limpeza de pélets.
  comenta   0
Desactiva o plan anticontaminación autonómico ante a "baixa incidencia" na chegada de pélets á costa.
  comenta   0
O líder provincial do PP coruñés Diego Calvo reivindica que "o cambio estaba aquí e era Alfonso Rueda" e insta a BNG e PSdeG a "pedir perdón polas súas mentiras" durante a campaña.
  comenta   0
A asociación Noia Limpa, a primeira en dar a voz de alarma sobre a vertedura do 'Toconao', pide que non se baixe a garda no asunto: "Falamos cunha asociación de Sri Lanka para aprender da súa catástrofe e dinnos que non se pode medir a alerta polos pélets que hai por metro cadrado, senón polos que se levan recollido do total da vertedura".
  comenta   0
Abel Caballero, destapou o Meco que, nesta ocasión, representa ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a crise dos pélets.
"Galicia é unha nación pesqueira e marisqueira e queremos que siga sendo así, e iso pasa pola limpeza integral das nosas rías, tanto por razóns ambientais como de xeración de riqueza e emprego", proclamou este martes en Ribeira, un dos concellos afectados pola crise ambiental da vertedura de pélets e onde por primeira vez goberna o BNG.
  comenta   0
O 'meco' abrirá as festas este sábado, día 10, cun percorrido polas rúas de Compostela (desde a Praza de Cervantes) para quedar instalado no balcón do Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o día 14, cando será queimado na Praza Roxa.
  comenta   0
PP e PSOE levarán varias preguntas sobre Transportes. Óscar Puente comparecerá no Pleno para explicar as xestións do Goberno fronte á vertedura de pélets.
  comenta   0
Os grupos do PSdeG, o BNG e Compostela Aberta apoiaron, cos seus votos, senllas mocións no pleno celebrado este luns no consistorio de Santiago de Compostela nas que denunciaron a xestión da Xunta cos pélets e tamén a política autonómica en materia sanitaria.
  comenta   0
"Non se trata de sacar unha cousa e meter as outras debaixo da alfombra", sinalou o patrón maior da Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, Juan José Rial Millán.
  comenta   0
Segundo precisou Teresa Ribera, estímase que "entre 160.000 e 250.000 toneladas" de pequenos pélets de plástico aparecen nas praias cada ano en todo o mundo. Tamén se poden atopar nas canles fluviais e "en sitios insospeitados, en forma de nanoplásticos ou microplásticos que acaban incorporándose á cadea trófica".
  comenta   0
A Xunta de Galicia informou da adxudicación dunha parcela propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) cunha superficie de 17.782 metros cadrados, ante o que o PSOE a acusou de "enganar".
  comenta   0
Non ve eficaz recoller os pélets flotantes pola súa dispersión no mar e avisa de que a súa limpeza na costa "é laboriosa e prolongada"
  comenta   0
As bandeiras de conveniencia son vistas por parte de sectores vinculados ao mar como pavillóns piratas, unha proba da inseguridade laboral e xurídica en caso de accidente marítimo. Detrás delas están países cunhas condicións fiscais e sociais moi beneficiosas para navieiras, empresas de pesca e outros sectores vinculados ao tráfico marítimo.
  comenta   0
En resposta ás acusacións da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e do propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre que a manifestación convocada este domingo "é política", o presidente de Plademar, Rogelio Santos Queiruga, di que "ir a unha manifestación é política, pero non ir tamén o é, apoiala é política, e non apoiala tamén" e "a nós o único que nos importa é o mar".
  comenta   1
O famoso Plan Camgal expón como medida fundamental nos procesos de limpeza "non utilizar medios mecánicos porque poden afectar á biodiversidade da zona". Mais o descoñecemento nun primeiro momento levou a varios concellos a cometer erros.
  comenta   0
Eurodeputados piden reforzar normas UE para evitar verteduras de pélets. O debate sobre a utilización política desta crise tamén se traslada a Bruxelas.
  comenta   0
O comité de expertos que avaliará o impacto das verteduras plásticas no mar reunirase este venres. Segundo Meteogalicia, un cambio nos ventos debería mover os microplásticos "cara ao Golfo de Biscaia sen chegar de maneira masiva ao litoral galego".
  comenta   0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo o foco en que partidos da oposición compartisen nas súas redes fotografas "manipuladas" da vertedura de pélets.
  comenta   0
Conta a Galicia Confidencial que abrir as portas da súa casa non é "nada raro" para ela, pois "a min paréceme como do máis normal, como di a frase esta de que 'o pobo salva ao pobo', e para nós sería outra forma de poder axudar dende a outra parte, e estariamos encantados".
  comenta   0