"Como se pode estruturar un partido, unha fronte e un movemento social?"

EI, +G e Ecogaleguistas debaten sobre o futuro dun novo proxecto político que nin será unha fronte nin un partido clásico senon o que a xente "queira que sexa". “Eu son máis leninista que Paco Rodríguez”, asegura Beiras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/03/2012 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

“Como se vai a organizar a futura nova esquerda galega?”. Esta foi a sinxela pregunta formulada por un estudante aos líderes de EI, +G e Ecogaleguistas, tres dos principais grupos que nas últimas semanas tiveron contactos formais e informais para proñer en marcha un novo proxecto político, reunidos nunha mesa redonda en Santiago.

None

 

“Que fórmula é a máis axeitada se un aposta por unha fronte, o outro por un partido clásico e o outro por un colectivo cidadán?”, insistiu o rapaz. Unha pregunta que fixo reflexionar, e moito, a Xosé Manuel Beiras, Xoán Báscuas e Manuel Dios, os representantes de EI, +G e Ecogaleguistas, respectivamente, sin que, ao final, se chegara a unha resposta conxunta. “Serán as conversacións que manteñamos e o que digan os cidadáns o que o acredite”, apuntou Beiras.

 

E é o coordinador de EI quixo deixar moi claro que el agora xa non fala de “frente”. “Iso era cando estabamos dentro do BNG”. “Pero, que facer para manter a pluralidade política nunha organización na que só hai individuos?, como os estruturas a todos?”, preguntouse o veterano dirixente. “Pois serán as correntes ideolóxicas e a práctica de traballar o que o decantará pero sen facer apriorismo”, respondeuse.

 

Beiras insistiu que serán as conversas entre todos os grupos os que determinen se o futuro espazo será “socialdemócrata, trosquista, galeguista, soberanista, nacionalista” ou “leninista”. “Eu son máis lenista que Paco Rodríguez, pero non se trata de meter o lenismo na práctica politica”, indicou.

 

Pola súa banda, Manuel Dios entende que o frontismo “xa está superado” porque naceu non momento histórico concreto “que xa non está vixente”. “Por iso falamos dunha alianza de base ampla; ben de tipo electoral ou ben un modelo novo, que é o que buscamos, como é o de Amaiur ou L’Olivo en Italia”, engadiu.

 

Tamén Báscuas botou man do mesmo exemplo en Italia e en Euskadi para indicar que o “máis importante non son as ferramentas”. “As estruturas partidarias tradicionais xeran distancia co cidadán. Por iso, o problema non está na estrutura senón en como nos retroalimentamos uns dos outros”, aclarou.

 

Relación co BNG

 

Ningún dos tres dirixentes ten especial interese en afondar nas feridas abertas dentro do nacionalismo galego. “Non vou falar de relacións co BNG. Eu estou fora. Como reaccione o BNG traeme sen coidado. Non me podo preocupar do que fará o BNG porque xa cando estaba dentro negaban as doenzas e agora pensan que es un desleal. Hai xente moi normal da U e doutros que son uns bestias”, respondeu Beiras sobre esta cuestión.

 

Tamén Báscuas insistiu na mesma idea. “Para min o BNG deixou de ser BNG. Eles poden facer o que queiran e nós faremos o que teñamos que facer”, dixo e, para superar iso apelou á “pedagoxía”. O máis importante, agora, dixo, é a interlocución coa cidadanía para que entenda que existe un novo proxecto.

 

“O noso adversario político é a dereita e non o BNG. Por iso non debemos mirar para nós mesmos porque fracasaremos e temos que ofertar un proxecto novo”, engadiu Manuel Dios.

 

Modelos

 

Sobre o proxecto Ecogaleguista, Manuel Dios sinalou que “non é un partido clásico ou tradicional”. “Nin sequera queremos ser un partido”, dixo sobre este movemento, cuios militantes “non veñen do BNG”, puntualizou.

 

Neste sendo apuntou que este proxecto se organiza a través de xestoras e “non hai líderes” e que pretende “transformar a esquerda”. Dios destacou a importancia dos movementos sociais, do 15M e da plataforma Bencomún. “Hai moita xente da esquerda desorientada coas actuas plataformas políticas porque non se sinten representados polas forzas tradicionais”.

 

Sobre os seus principios indicou que son “neogaleguistas”, “ecogaleguistas”, “antimonopolistas”, defenden a “soberanía nacional” e un “país de todos e todas”, a actuación en rede, buscar “novas formas de entender a política” e a recuperación da “ética civil”.

 

“Propugnamos a cooperación política máis que a guerra politica e por iso propoñemos o diálogo e a concordia. Non queremos reeditar o frontismo senón unha formación con base social ampla”, destacou.

 

+G

 

“Eu teñome por unha persoa sensata e mesmo acobardada, pero o que si teño claro é estar en algo que ti podes construir de cero e non onde non te queren”, dixo Xoán Báscuas para dar conta dos últimos acontecementos deste novo partido que decidiu escindirse do BNG hai unha semana.

 

Sobre os seus obxectivos; nacionalismo, autodeterminación, superación do ámbito autonómico, socialdemocracia e defensa do estado de benestar. Báscuas sinalou que agora +G está tentando organizandose nas comarcas e por iso, dixo, que a moitos cargos municipais se lles está dando unha “cobertura legal”.

 

Tamén apostou por achegarse á cidadanía “coñecendo as súas necesidades e demandas” cun discurso “suficientemente flexive” para que “caiban todos”. “Só imos ter unha única oportunidade e é responsabilidade de todos os que teñen capacidade de decisión de aproveitar esa oportunidade e todos teñen que ser xenerosos, flexibles e intelixentes”.

 

Báscuas suliñou que non houbo conversas formais, nin acordos previos con ningunha outra formación para artellar un novo espazo político. “Será a partir do 31 de marzo cando analizaremos todo isto”, aclarou. E sobre o modelo a elixir, descartou a fronte para evitar “novos partidos guías”.

 

Encontro Irmandiño

 

Pola súa banda, Beiras destacou o interese que bule por crear “algo novo”. “Estamos ao final dun ciclo histórico”, indicou. Por iso, defendeu que parte da esquerda galega se teña “reorganizado” para evitar “manter unha alcaldía, unha concellería ou un curre no aparato do partido”.

 

“Chegamos a conclusión de que non era posible de refundar o BNG desde dentro e por iso decidimos facelo desde fora”, sinalou. “Facía falta coraxe política e moral”, sinalou en alusión ao alcalde de Teo, Martiño Noriega. “É xente que tiña responsabilidades nun concello e que se botou á piscina sabendo que ían ser represaliados polo aparato que son como os machistas, mallan no máis débil”.

 

Beiras insistiu en que para facer política hai que estar coa xente e na sociedade e “non desde un despacho”. “Por iso cando fala Pachi Vázquez, Guillerme Vázquez, Frijol ou Rubalcaba ou Rajoy, que parecen personaxes do Greco, pois falan en chinés para a xente”, ironizou.

 

Por iso, dixo, faise necesario promover unha dinámica civil para que a xente se organice. “Hai que volver saber ler a Marx, a Lenin, aos que inspiraron as revoltas sociais... e mesmo aos galeguistas, aos que fundaron o Partido Galeguista”, insistiu ao falar sobre este novo proxecto que xire en torno á esquerda.

 

Así apostou por grupos de bases sobre os que pivote un futuro proxecto político sempre desde o principio da “cooperación e non o da competición”. “E promocionamos isto pero sen tentar monopolizalo. Non queremos pratos precociñados”, insistiu sobre este novo espazo. “Non se trata de conservar oligopolios que uns conservan nas finanzas e outros no ámbito político”, dixo ao referirse, novamente, á UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

34 Hipócritas!!!

Non foi só Beiras quen empregou a imaxe da violencia machista; tamén Bieito Lobeira, voceiro do BNG antes e agora, comparou en maio de 2010 a Jesús Vázquez cun maltratador:

1 A Bieito todo se lle perdoa

http://www.farodevigo.es/galicia/20...–jesus-vazquez-maltratador/438264.html

2 A ligazón sen fallos

3 Manolo_

E se tal comparanza é unha burrada, que a cometera antes Bieito faina menor? Pesados sodes co "y tu más", carallo.

4 Manolo_

E se tal comparanza é unha burrada, que a cometera antes Bieito faina menor? Pesados sodes co "y tu más", cara.llo.

5 Antifascista

MANOLIÑO: Non é ningunha burrada, porque Beiras só comparou; a burrada é apoiar o franquismo como fas ti, BOBO: http://galiciaconfidencial.com/nova...

6 Manolo_

Antifascisa: BO.BO e máis ca iso tes que ser ti, para pensares que o tal "Manoliño" e eu somos a mesma persoa. Tan poucas luces tes, de verdade?

33 Bruar

Nin Corea do Norte nin Mesías. A ver se temos un pouquiño de tino. Quen pense que ésta é unha batallita entre os que xa non son BNG e o que siguen sendo do BNG están un pouco perdidos no tempo e no espazo. A UPG ten todo o partido (BNG) para facer dispor o seu programa político e os que están fóra, como é de esperar, a organizar unha forza á marxe da UPG. Non hai máis. É así de doado. Ningún comentario, ningún exabrupto, ningún insulto van parar esa realidade. O BNG rachou e o mellor que poden facer os que marcharon ou os quedaron é cada un loitar por levar adiante a decisión tomada.

32 Proletariogaleguista

Neogaleguistas, ecogaleguistas = nihilogaleguistas.

1 Manuel

UPG + MGS = Sectarismo anormal, un quero e non podo, ou o que é o mesmo, "o povo é quen máis ordea" e se agora teñen pouco nas seguintes serán todos liberados na súa casa

31 Non enrededes

E CONDENADE O EXABRUPTO DO MESÍAS!!!!

1 Galego

Como Corea do Norte non hai nada, rir na bicicleta é o que hai por aló, e se levas contigo montado ao Papa negro, Paco rodríguez riremos todos, @s galeg@s os que máis

2 Vishinski

O xerontócrata está gagá e, fóra do fume, o único discurso político que ten é atacar ao Bloque, parece que non pode vivir construindo nada novo máis aló de publicar o seu resentimento

3 paravishinski

gagá estas ti Vishinski. E demóstrallo co que escrebes.

4 Hipocrisía

Non foi só Beiras quen empregou a imaxe da violencia machista; tamén Bieito Lobeira, voceiro do BNG antes e agora, comparou en maio de 2010 a Jesús Vázquez cun maltratador. Pero claro, a Bieito todo se lle perdoa : http://www.farodevigo.es/galicia/20...–jesus-vazquez-maltratador/438264.html

30 philipe 10

E en min quen pensa?