"Como se pode estruturar un partido, unha fronte e un movemento social?"

EI, +G e Ecogaleguistas debaten sobre o futuro dun novo proxecto político que nin será unha fronte nin un partido clásico senon o que a xente "queira que sexa". “Eu son máis leninista que Paco Rodríguez”, asegura Beiras.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/03/2012 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

“Como se vai a organizar a futura nova esquerda galega?”. Esta foi a sinxela pregunta formulada por un estudante aos líderes de EI, +G e Ecogaleguistas, tres dos principais grupos que nas últimas semanas tiveron contactos formais e informais para proñer en marcha un novo proxecto político, reunidos nunha mesa redonda en Santiago.

None

 

“Que fórmula é a máis axeitada se un aposta por unha fronte, o outro por un partido clásico e o outro por un colectivo cidadán?”, insistiu o rapaz. Unha pregunta que fixo reflexionar, e moito, a Xosé Manuel Beiras, Xoán Báscuas e Manuel Dios, os representantes de EI, +G e Ecogaleguistas, respectivamente, sin que, ao final, se chegara a unha resposta conxunta. “Serán as conversacións que manteñamos e o que digan os cidadáns o que o acredite”, apuntou Beiras.

 

E é o coordinador de EI quixo deixar moi claro que el agora xa non fala de “frente”. “Iso era cando estabamos dentro do BNG”. “Pero, que facer para manter a pluralidade política nunha organización na que só hai individuos?, como os estruturas a todos?”, preguntouse o veterano dirixente. “Pois serán as correntes ideolóxicas e a práctica de traballar o que o decantará pero sen facer apriorismo”, respondeuse.

 

Beiras insistiu que serán as conversas entre todos os grupos os que determinen se o futuro espazo será “socialdemócrata, trosquista, galeguista, soberanista, nacionalista” ou “leninista”. “Eu son máis lenista que Paco Rodríguez, pero non se trata de meter o lenismo na práctica politica”, indicou.

 

Pola súa banda, Manuel Dios entende que o frontismo “xa está superado” porque naceu non momento histórico concreto “que xa non está vixente”. “Por iso falamos dunha alianza de base ampla; ben de tipo electoral ou ben un modelo novo, que é o que buscamos, como é o de Amaiur ou L’Olivo en Italia”, engadiu.

 

Tamén Báscuas botou man do mesmo exemplo en Italia e en Euskadi para indicar que o “máis importante non son as ferramentas”. “As estruturas partidarias tradicionais xeran distancia co cidadán. Por iso, o problema non está na estrutura senón en como nos retroalimentamos uns dos outros”, aclarou.

 

Relación co BNG

 

Ningún dos tres dirixentes ten especial interese en afondar nas feridas abertas dentro do nacionalismo galego. “Non vou falar de relacións co BNG. Eu estou fora. Como reaccione o BNG traeme sen coidado. Non me podo preocupar do que fará o BNG porque xa cando estaba dentro negaban as doenzas e agora pensan que es un desleal. Hai xente moi normal da U e doutros que son uns bestias”, respondeu Beiras sobre esta cuestión.

 

Tamén Báscuas insistiu na mesma idea. “Para min o BNG deixou de ser BNG. Eles poden facer o que queiran e nós faremos o que teñamos que facer”, dixo e, para superar iso apelou á “pedagoxía”. O máis importante, agora, dixo, é a interlocución coa cidadanía para que entenda que existe un novo proxecto.

 

“O noso adversario político é a dereita e non o BNG. Por iso non debemos mirar para nós mesmos porque fracasaremos e temos que ofertar un proxecto novo”, engadiu Manuel Dios.

 

Modelos

 

Sobre o proxecto Ecogaleguista, Manuel Dios sinalou que “non é un partido clásico ou tradicional”. “Nin sequera queremos ser un partido”, dixo sobre este movemento, cuios militantes “non veñen do BNG”, puntualizou.

 

Neste sendo apuntou que este proxecto se organiza a través de xestoras e “non hai líderes” e que pretende “transformar a esquerda”. Dios destacou a importancia dos movementos sociais, do 15M e da plataforma Bencomún. “Hai moita xente da esquerda desorientada coas actuas plataformas políticas porque non se sinten representados polas forzas tradicionais”.

 

Sobre os seus principios indicou que son “neogaleguistas”, “ecogaleguistas”, “antimonopolistas”, defenden a “soberanía nacional” e un “país de todos e todas”, a actuación en rede, buscar “novas formas de entender a política” e a recuperación da “ética civil”.

 

“Propugnamos a cooperación política máis que a guerra politica e por iso propoñemos o diálogo e a concordia. Non queremos reeditar o frontismo senón unha formación con base social ampla”, destacou.

 

+G

 

“Eu teñome por unha persoa sensata e mesmo acobardada, pero o que si teño claro é estar en algo que ti podes construir de cero e non onde non te queren”, dixo Xoán Báscuas para dar conta dos últimos acontecementos deste novo partido que decidiu escindirse do BNG hai unha semana.

 

Sobre os seus obxectivos; nacionalismo, autodeterminación, superación do ámbito autonómico, socialdemocracia e defensa do estado de benestar. Báscuas sinalou que agora +G está tentando organizandose nas comarcas e por iso, dixo, que a moitos cargos municipais se lles está dando unha “cobertura legal”.

 

Tamén apostou por achegarse á cidadanía “coñecendo as súas necesidades e demandas” cun discurso “suficientemente flexive” para que “caiban todos”. “Só imos ter unha única oportunidade e é responsabilidade de todos os que teñen capacidade de decisión de aproveitar esa oportunidade e todos teñen que ser xenerosos, flexibles e intelixentes”.

 

Báscuas suliñou que non houbo conversas formais, nin acordos previos con ningunha outra formación para artellar un novo espazo político. “Será a partir do 31 de marzo cando analizaremos todo isto”, aclarou. E sobre o modelo a elixir, descartou a fronte para evitar “novos partidos guías”.

 

Encontro Irmandiño

 

Pola súa banda, Beiras destacou o interese que bule por crear “algo novo”. “Estamos ao final dun ciclo histórico”, indicou. Por iso, defendeu que parte da esquerda galega se teña “reorganizado” para evitar “manter unha alcaldía, unha concellería ou un curre no aparato do partido”.

 

“Chegamos a conclusión de que non era posible de refundar o BNG desde dentro e por iso decidimos facelo desde fora”, sinalou. “Facía falta coraxe política e moral”, sinalou en alusión ao alcalde de Teo, Martiño Noriega. “É xente que tiña responsabilidades nun concello e que se botou á piscina sabendo que ían ser represaliados polo aparato que son como os machistas, mallan no máis débil”.

 

Beiras insistiu en que para facer política hai que estar coa xente e na sociedade e “non desde un despacho”. “Por iso cando fala Pachi Vázquez, Guillerme Vázquez, Frijol ou Rubalcaba ou Rajoy, que parecen personaxes do Greco, pois falan en chinés para a xente”, ironizou.

 

Por iso, dixo, faise necesario promover unha dinámica civil para que a xente se organice. “Hai que volver saber ler a Marx, a Lenin, aos que inspiraron as revoltas sociais... e mesmo aos galeguistas, aos que fundaron o Partido Galeguista”, insistiu ao falar sobre este novo proxecto que xire en torno á esquerda.

 

Así apostou por grupos de bases sobre os que pivote un futuro proxecto político sempre desde o principio da “cooperación e non o da competición”. “E promocionamos isto pero sen tentar monopolizalo. Non queremos pratos precociñados”, insistiu sobre este novo espazo. “Non se trata de conservar oligopolios que uns conservan nas finanzas e outros no ámbito político”, dixo ao referirse, novamente, á UPG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 134 comentarios

29 mansdodemo

Onde están os meus comentarios?.

1 Uhhh que medo

En cancún...

28 nykr

Os que querian un bng asambleario (EI) xunto os que querian un sistema de delegados (+G), ó final danlles igual os argumentos, iso cambiase, o que buscan é mandar eles e ter unha organización anticomunista.

1 Galego

E os que non querían un BNG quedaron con el e non se atreven a chamarlle polo nome: UPG, ¡o que é a vida!

27 Resposta

A resposta a todas estas preguntas é, cun líder mesiánico que dirixa todo desde a base.

1 Galego

Falas de Paco Rodríguez??? Porque o Guillerme está claro que de líder ten menos que as ladillas de Fernando Blanco

26 Marcos Valcarcel

vendo os comentarios vexo que esto non ten boa solución. Lémbrame a unha rapaza que era moi guapa e todos iamos tras dela. Como eramos xóvenes, pensababamos que ela elexería o melhor. Xa que era das poucas que podía elexir. Anos máis tarde, casou cun macarra. Repetiu os mesmos erros que vivira na súa contorna familiar. Agora está divorciada e moi enrrugada. Ten tres filhos. Vai a discotecas especiais para maiores a ver si cae algo. Agora xa non elixe tanto coma antes. Con calquera lhe vale, eso sí, que sexa serio. Con EI e +G penso que pasa o mesmo. Van repetir os mesmos erros. Que saiban que son maior e xa non me colhen por sorpresa. Volvo a repetir que o que tenhen que trocar é o pensamento. Que fuxan xa dunha vez da posguerra mental da que forman parte.

1 Belen Esteban

Non me digas que eres amigo de Anita Obregón. Vai ti a saber que dons tiña o macarra, que non sempre todo está a vista.

2 Posguarrillo

Que pesados sodes os de Converxencia XXI sostendo a tese do voso lider de que a xente de esquerda ten unha "posguerra mental". Ídesvos quedar fóra, xa o sabedes, así que non insistades.

3 Marcos Valcarcel

E dalhe coas siglas. O que non acabades de entender é que non tes porque ser de +G ou EI. Que algúns que non militan en ningures (eu por exemplo) sin ser da esquerda radical vou ás concentracións de CEIVAR. Seguides sen enterarvos de nada. E moitos de EI e +G van do que non son. Por eso insisto en que á posguerra rematou hai tempo para algúns, pero para a maioría segue a estar vixente, cando menos nas súas cabezas. Entendes agora ou só vas a criticarme sen conhecerme de nada? Que eu saiba eu actuo con liberdade pero moitos que van de esquerdistas na realidade non o son. Son de posguerra. Pensan que por levar un autocolante e un carné xa lhes vale. Pois non, eu non levo nada deso. Pero axudo aos presos e non son radical. Entésdeme ou cho digo máis claro?

25 Dereito a saber

Por que non se fai referencia neste Confidencial á última arroutada machista de Beiras? Que se trata de ocultar?

1 Mozo Nacionalista Crítico

Cal arroutada? Ti flipas????????????

2 moza

na que comparou a ruptura do BNG con pegarlle a unha muller; esa arroutada dun demente senil.

3 Manuel P.

Si moza e ao saír da conferencia seica colleu a dúas rapazas e pegoulles, non se antes violalas.... E que xa se sabe que Beiras sempre foi dises. O bo é o Papa negro da zarzuela, que non o queren máis que catro monas aduladoras

4 Guillermo Rodríguez fdez.

E dalle coas malleiras de Beiras!! De verdade que non tedes outros argumentos para atacarlle que os de non saber ler ou interpretar as súas expresións? Por favor, demostrade que sodes xente con ideas, con programa, con argumentos e con educación. Logo atacade a Beiras a Báscuas e a quen vos pete pero razoando, ilsutrándonos aos "neófitos" desta guerra. Así podemos chegar a enterarnos onde está a verdade ou, alomenos, unha parte dela. Pero, por favor, non seades simples e irresponsables; porque difamar a Beiras sen razóns nin argumentos é de cobardes e de cínicos agochados detrás dun seudónimo.

5 Hipócritas!!!

Sonche hipócritas e mentirosos, Guillermo, nada máis... Mentirosos, porque o de porse "moza" de alcume, cando seguramente teña barba, é o mínimo ridículo... E hipócritas porque ven a palla no ollo alleo, mentres ignoran a trabe no propio... Non foi só Beiras quen empregou a imaxe da violencia machista; tamén Bieito Lobeira, voceiro do BNG antes e agora, comparou en maio de 2010 a Jesús Vázquez cun maltratador: http://www.farodevigo.es/galicia/20...–jesus-vazquez-maltratador/438264.html