Familiares e vítimas volven á curva de Angrois seis anos depois para pedir que se coñeza a verdade

Denuncian que "a verdade oficial" desde aquel día consistía en que o único responsable do sucedido foi o maquinista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A homenaxe aos 80 falecidos no accidente ferroviario de Angrois (Santiago), onde descarrilou un tren Alvia o 24 de xullo de 2013, regresou á curva do sinistro no sexto aniversario, coa promesa de sobreviventes e familiares de loitar por que se saiba a verdade do ocorrido.

E é que as vítimas da traxedia denuncian que "a verdade oficial" desde aquel día consistía en que o único responsable do sucedido foi o maquinista, que conducía cun exceso de velocidade despois de atender unha chamada do interventor.

Con todo, o ex xefe de seguridade de Adif tamén está imputado na causa, pendente de avanzar cara ao xuízo oral, por unha incorrecta análise de riscos na liña que, de facerse, permitiría detectar e minimizar o perigo da curva da Grandeira. Ademais, os afectados cren que Renfe tamén ten responsabilidades no caso.

Vítmas e familiares do accidente do Alvia de Angrois manifestándose en Santiago
Vítmas e familiares do accidente do Alvia de Angrois manifestándose en Santiago | Fonte: Lavandeira Jr - EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta