A Xunta di que se envorcou en recuperar a raza autóctona de porco celta

Asegura que destinou case 800.000 euros nos últimos nove anos para recuperar este animal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O Goberno galego dedicou preto de 760.000 euros ao programa de recuperación, conservación e fomento da raza autóctona gandeira do 'porco celta' desde o ano 2010 e conta con manter un investimento similar para o período 2020-2023.

Así o trasladou o conselleiro de Medio Rural, José González durante unha visita a unha explotación desta especie situada no municipio de Friol, en Lugo. Alí destacou o peso do sector porcino na comunidade galega, con 1.150 explotacións industriais e un censo de 1,2 millóns de animais.

Ante estas cifras, sinalou, cobra especial importancia que Galicia conte cunha raza autóctona propia e diferencial, polo que a Xunta colabora na preservación do seu patrimonio xenético e o mantemento da súa pureza dentro dunhas condicións naturais adecuadas.

González insistiu nas vantaxes de explotacións como a de Friol, "máis viables economicamente" e que contribúen tanto a unha "mellor rendibilidade" da actividade gandeira como a un aproveitamento dos matos para a alimentación, de forma que actúa á súa vez no ámbito da prevención ante incendios forestais.

Porco celta
Porco celta | Fonte: ASPORCEL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta