Investigan un home en relación a un incendio forestal en Punxín

No que vai de ano un total de 60 persoas foron investigadas pola Policía adscrita a Galicia en relación a lumes forestais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica investigan un home en relación a un incendio forestal rexistrado o pasado 22 de agosto no municipio ourensán de Punxín.

En concreto, segundo informou a Xunta nun comunicado, o lume produciuse a semana pasada nunha leira da parroquia de Vilela e afectou a 1,4 hectáreas de monte raso.

As investigacións apuntan a que o incendio se iniciou cando o investigado realizaba traballos de empacado de forraxe nunha leira. A máquina coa que traballaba provocou un lume que se propagou debido á seca do terreo e á alta temperatura ambiental.

No que vai de ano, engadiu a Administración autonómica, un total de 60 persoas foron investigadas pola Policía adscrita a Galicia en relación a incendios forestais.

Unha zona do monte de Punxín
Unha zona do monte de Punxín | Fonte: Cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta