Por Galicia Confidencial | | 24/04/2012 | Actualizada ás 13:06
O colaborador de GC na sección de opinión Xesús Veiga Buxán é o novo presidente da Fundación Galiza Sempre, segundo anunciou esta instutición hoxe.
Profesor na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e deputado do BNG no Parlamento galego entre 1993 e 2005, forma parte do Consello Nacional desta formación política que promoveu a creación da fundación en 1999.
Veiga Buxán substitúe no cargo a Xosé Manuel Beiras, tamén profesor da USC e ex-deputado. O que fora voceiro nacional do Bloque é hoxe líder do Encontro Irmandiño, partido escindido da fronte que tenta artellar un nova ferramenta política da esquerda galeguista, o chamado Novo Proxecto Común.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.