Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 14:57
A Comisión de Peticións da Eurocámara decidiu manter aberta a denuncia pola mina de San Finx, a través das demandas das eurodeputadas de Verdes-ALE. A portavoz do BNG, Ana Miranda, trasladou a súa satisfacción pola esta actuación e solicitou a visita dunha delegación oficial do Parlamento Europeo para investigar e analizar a explotación mineira anteriormente mencionada así como a "megaminería contaminante" en Galicia.
Xa en 2013, unha misión oficial deste organismo acudiu á comunidade para coñecer o estado das rías galegas, o que derivou na elaboración dun informe no que se instaba ao dragado do Burgo, acción aínda pendente, dado que "os fondos europeos non foron solicitados".
"Europa ten que coñecer o que sucede na rúa de Muros e Noia como consecuencia das verteduras desta mina, igual que hai anos unha delegación da Eurocámara visitou á ría do Burgo", sinalou, e insistiu na importancia de avanzar no cumprimento da Directiva Marco da auga e avaliar os datos de contaminación derivados da instalación mineira, advertindo da presenza de "altos niveis de metais pesados como cadmio, cobre e zinc".
Miranda criticou, á súa vez, que o informe da Xunta solicitado pola Comisión en 2018 chegase este martes "con ano e medio de atraso" e que o goberno galego diga "que non é necesario informe de impacto ambiental para a mina de San Finx.
"UNHA TOMADURA DE PELO"
Por outra banda, Joam Evans Pin, peticionario que explicou as consecuencias da mina para o sector pesqueiro e ambiental ante a Comisión, trasladou a súa satisfacción pola decisión de deixar aberta a petición, pero tamén "sorpresa" pola chegada "a última hora da tarde" da información requirida á Xunta.
"Unha auténtica tomadura de pelo e unha burla ao Parlamento Europeo e a toda a xente que está preocupada pola situación das presas mineiras", reprochou Evans, quen recriminou á Xunta a súa "negacionismo absoluto" para "cubrir as costas" dos mandatarios que traballaron para que as empresas mineiras "Non teñan que asumir ningunha responsabilidade ambiental".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.