Temas: FRASEOLOXíA

“Ás costas”, “ó carrelo” ou “ó lombo”, equivalentes á castelá “a la espalda”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 13/10/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Proseguindo pola senda, principiada no artigo titulado “A cachapernas”, “a/ás carranchapernas” ou “a/ás carranchas”, pero non “a horcaxadas”, de locucións que fornecen significados semellantes ou que mesmo poden compartir espazos de uso, imos desta volta coas locucións que se virían a corresponder co castelán a la espalda.

Un home de costas / Imagines.com Un home de costas / Imagines.com
Un home de costas / Imagines.com Un home de costas / Imagines.com

A la espalda && A las espaldas && A cuestas

{= 1. Sobre o lombo e/ou un ou os dous ombreiros. 2. Soportando unha persoa sobre si algunha cousa que se considera negativa, gravosa ou cargosa.}

Ás costas

Ó lombo

[E mais tamén, para a primeira “acepción”]:

Ó carrelo

Ó carricho && [E MESMO, COMO VARIANTE NON RECOLLEITA, CANDO MENOS POLO DE AGORA, NO DRAG]: En carricho

Ex. (acepc. 1): La policía piensa que introdujo el cadáver en un saco y lo bajó a la espalda hasta el contenedor de la basura.

A policía coida que introduciu o cadáver nun saco e o baixou ás costas ó lombo ó carrelo ó carricho en carricho ata o contedor do lixo.

Ex. (acepc. 1): Se cogió tal pedo que no se tenía en pie, por lo que lo tuve que llevar a cuestas hasta el coche.

Colleu tal cagallón que non se tiña de pé, polo que o tiven que levar ás costas ó lombo ó carrelo ó carricho en carricho ata o coche.

Ex. (acepc. 2): Lleva más de dos años con la física a cuestas y no consigue aprobarla.

Leva máis de dous anos coa física ás costas ó lombo e non a dá aprobado.

Ex. (acepc. 2): Según los últimos datos, el país sigue con el paro a cuestas, y sin visos de mejorar.

Segundo os últimos datos, o país segue co paro ás costas ó lombo, e sen trazas de mellorar.

● Tamén, para a primeira “acepción”:

Al hombro && A # En hombros

A # Ós # En # Nos ombreiros && A # Ós # En # Nos ombros

Ex.: A policía coida que introduciu o cadáver nun saco e o baixou a ombreiros a ombros ós ombreiros ós ombros en ombreiros en ombros nos ombreiros nos ombros ata o contedor do lixo.

Ex.: Colleu tal cagallón que non se tiña de pé, polo que o tiven que levar a ombreiros a ombros ós ombreiros ós ombros en ombreiros en ombros nos ombreiros nos ombros ata o coche.

● Así mesmo, para a segunda “acepción”, en contextos:

Encima

Enriba && Encima

Ex.: Leva máis de dous anos coa física enriba encima e non a dá aprobado.

● Mesmo tamén, só naqueles contextos en que se leva unha cousa longa e non moi grosa –coma una pau, unha aguillada ou un traveseiro– sobre de ambos os ombreiros apoiándoa basicamente na parte superior do lombo ou zona de atrás do pescozo, e de tal xeito que ou ben se colle con ambas as dúas mans por cada un dos seus extremos ou das partes máis ou menos próximas ós extremos, ou ben se pasan ambos os antebrazos ou ambos os pulsos por riba dela nas partes máis ou menos achegadas ós extremos (por exemplo, como se ve nesta imaxe):

Á cangalleira && A cangalleiro

NOTAS:

1. Nótese que nas expresións aquí reflectidas, fronte ó que acontece coas locucións recolleitas no artigo “Ás cabaliñas”, “ó cabalete” ou “ás cabaleirolas”, equivalentes, entre outras, ao castelán “a caballito”, o xeito de cargar sobre o lombo e/ou os ombreiros non implica necesariamente que a carga teña que ir ás carranchas (de feito, e a non ser que alguén vaia montado ás costas, ó lombo, ó carrelo ou ó carricho, o máis normal é que a posición da carga non sexa a de a cachapernas).

Sobreenténdese, pois, que para ir ás cabaliñas, ó cabalete ou ás cabaleirolas, a carga ten que ser unha persoa, pero non unha cousa.

Daquela, en principio as cousas (por exemplo, un saco de patacas) podémolas levar ás costas, ó lombo, ó carrelo ou ó carricho, pero non ás cabaliñas, ó cabalete ou ás cabaleirolas.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Porto Rey, Francisco: Diccionario gallego-castellano. Publicado en 1900. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta