Reivindicación do "galeguismo esencial" do Museo do Pobo Galego no Premio Fernández Latorre

O presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, declarou que institución "non existiría sen a entrega desinteresada de moitas vontades".

Por E.P. | CORUÑA, A | 16/10/2019 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi González, reivindicou o "galeguismo esencial" desta institución, con motivo da entrega á mesma do Premio Fernández Latorre, na súa LXI edición.

Nun acto que contou coa presenza de representantes do ámbito económico, político e social de Galicia, Beramendi subliñou que o Museo do Pobo Galego, creado en 1976, "non existiría sen a entrega desinteresada de moitas vontades privadas, nin podería subsistir sen o sostén duns poderes públicos que achegan máis da metade dos seus recursos".

Con todo, reivindicou a "independencia" desta entidade co obxectivo de manterse "fiel" ao seu espírito fundacional. "Definido polo galeguismo esencial, que é o denominador común dos seus moi diversos integrantes", dixo sobre as persoas e institucións que integran o Museo do Pobo Galego.

"Nestes 43 anos, con acertos e con erros, salvando limitacións e dificultades, algo fomos facendo". "E procuramos seguir", dixo aludindo ao seu labor e agradecendo o "recoñecemento" con premios como o recibido este mércores.

Sobre o mesmo, afirmou tamén que o recibe en nome de todas as persoas e institucións que integran o padroado do Museo, do seu persoal, e do voluntariado "que fai posible un funcionamento e un nivel de actividades que, doutro xeito, non poderiamos asumir". "E das poucas empresas que nos axudan e dos aproximadamente 2.000 socios do Museo que son as raíces nese pobo que nos dá nome e razón de ser", apostilou.

"GALEGUISMO INTEGRADOR"

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou o labor do Museo do Pobo Galego. "Unha das manifestacións do galeguismo integrador", expuxo na súa intervención.

Mentres, o presidente de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, definiu a quen conforman o Museo do Pobo Galego como "coidadores da alma galega". "Neste tempo de antagonismos, de loitas disgregadoras, de perdas de sentido e de referencias, este oficio que vós tedes, é o exemplo máis prezado", expuxo.

Xusto Beramendi
Xusto Beramendi | Fonte: premiosdacriticagalicia.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta