Tellado (PPdeG): "Pontón e Caballero amarraron rapidamente a súa candidatura porque lles tremían as pernas"

Defende que o PPdeG seguirá o seu calendario ata setembro de 2020. "Non sei se Feijóo sería un bo candidato, sei que é un bo presidente", di.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, remitiuse este xoves ao prazo do primeiro trimestre dado polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para confirmar se opta a un cuarto mandato en Galicia, fronte a outros aspirantes como Ana Pontón (BNG) ou Gonzalo Caballero (PSdeG) que, ao seu modo de ver, "amarraron rapidamente a súa candidatura porque lles tremían as pernas".

Tellado incidiu en que Pontón e Caballero "adiantáronse tanto" porque "teñen dúbidas de que no seu propio partido os poidan apoiar" como candidatos á Xunta. En fronte, subliñou que o PPdeG o que vai facer é "cumprir a súa palabra" e "esgotar a lexislatura", tendo en conta que na última cita coas urnas os galegos "dixéronlle a Feijóo que tiña que ser presidente ata setembro de 2020".

Neste sentido, sinalou que os populares seguirán co seu calendario predefinido e sen adiantar "a campaña" posto que queda case un ano para as eleccións galegas. Mentres que outros dirixentes do seu partido eloxiaron a Feijóo remarcando que sería "os mellor candidatos", el rexeitou valoralo como candidato xa que o seu papel agora mesmo, ao seu xuízo, é "o de presidente" de Galicia.

"Non se se sería un bo candidato, sei que é un bo presidente. Os galegos non queren candidatos, queren un bo presidente. Creo que o resultado deste dez anos é positivo para Galicia; Feijóo é útil para Galicia. Non necesitamos candidatos, temos presidente de Galicia. Outros teñen que ser candidatos porque queren ser algo", remarcou. No polo oposto, esgrimiu que, por exemplo, Gonzalo Caballero é "pouco útil para Galicia" e "moi útil para Pedro Sánchez".

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG - Arquivo
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta