A Xunta introducirá nos plans de estudo de primaria e secundaria a importancia da emigración na historia galega formará parte dos plans de estudo en primaria e secundaria

O presidente da Xunta anuncia esta medida xunto a un Plan Director do Patrimonio Documental das sociedades galegas no exterior. Os populares rexeitan declarar a emigración un "drama social".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Os plans de estudo de primaria e secundaria incluirán a importancia que tivo a emigración na historia de Galicia. Trátase dunha medida avanzada este mércores polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para plasmar o compromiso do Goberno coa protección e transmisión deste legado ás novas xeracións, ademais de anunciar un Plan Director do Patrimonio Documental das sociedades galegas no exterior.

Feijóo preside clausúraa do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas - XUNTA
Feijóo preside clausúraa do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas - XUNTA

Feijóo trasladou estas iniciativas durante a clausura do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, durante a que reivindicou o reto de impulsar "a memoria da emigración" e a "obrigación" histórica da Galicia do presente para conservar este patrimonio iniciado "fai máis dun século" por estas comunidades.

O presidente galego remontouse ata 1879, á fundación do primeiro centro galego en Montevideo, como a orixe da extensión "por todo o mundo" destas entidades e dos moitos emigrados que enviaron "dólares, bolívares, pesos" para colaborar no financiamento dos servizos públicos e á construción de "centenares de escolas".

Hoxe os estudantes galegos "superan a media da OCDE, da UE e das comunidades autónomas", reivindicou Feijóo en alusión ao informe PISA, polo que o traballo "que deu os seus froitos" para lograr "a xeración de galegos máis formada" da historia de Galicia. Tamén se referiu a que moitas destas institucións e centros galegos "son centenarias" e afrontan os "novos retos da súa actividade diaria para garantir o seu futuro", posto que "está en xogo" preservar ese "valioso patrimonio" intrínseco á identidade do pobo de Galicia.

Neste sentido, defendeu os valores que representan estas entidades, a "solidariedade", o diálogo e a "convivencia", como "máis necesarios que nunca". É por iso que Feijóo destacou a importancia da transmisión "xeracional". O impulso plasmarase a través da súa incorporación aos plans de estudo do sistema educativo galego.

Unha medida que responde as demandas destas colectividades no exterior, insistiu, posto que o legado dos galegos emigrados "merece ser recoñecido polos galegos de hoxe". Ao mesmo tempo, valorou que estes centros no exterior tamén ofrecen os instrumentos necesarios para divulgar e levar o Xacobeo 21 por todo o mundo, como "embaixadores" da cultura galega. reivindicou o reto de impulsar "a memoria da emigración" e a "obrigación" histórica da Galicia do presente para conservar este patrimonio iniciado "fai máis dun século" por estas comunidades.

EMIGRACIÓN "DRAMA SOCIAL"

Con todo, o PP rexeitou este mércores na Cámara galega unha iniciativa da deputada nacionalista Montse Prado que pedía considerar a emigración como un "drama social e nacional" e instar á Xunta a impulsar políticas que aseguren o dereito a un traballo digno en Galicia e que favorezan o retorno das persoas emigradas.

 

A deputada popular Raquel Arias puxo en valor as medidas activadas polo Goberno galego para frear a emigración e fomentar o retorno. "Só en 2018 regresaron 7.000 galegos que estaban no exterior. O número de retornados non deixou de crecer nos últimos anos", sinalou.

Por último, na sesión, foi debatida outra iniciativa presentase pola deputada nacionalista Montse Prado que pedía considerar a emigración como un "drama social e nacional" e instar á Xunta a impulsar políticas que aseguren o dereito a un traballo digno en Galicia e que favorezan o retorno das persoas emigradas.

 

Esta proposición non de lei tamén foi rexeitada polo Grupo Parlamentario Popular, cuxa deputada Raquel Arias puxo en valor as medidas activadas polo Goberno galego para frear a emigración e fomentar o retorno. "Só en 2018 regresaron 7.000 galegos que estaban no exterior. O número de retornados non deixou de crecer nos últimos anos", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta