Ecocidio, feminicidio, narcosubmarino ou sentidiño, entre as finalistas a 'Palabra do Ano' da RAG

Moitos das palabras aportadas para o concurso reflicten "a crecente preocupación social polo dano ambiental provocado pola acción humana e pola desigualdade de xénero".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/12/2019 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Os termos ecocidio, feminicidio, narcosubmarino, negociación, quecemento global e sentidiño son o seis termos finalistas que aspiran a converterse en 'Palabra do Ano 2019', segundo informa a Real Academia Galega (RAG).

O público poderá participar na votación virtual que se manterá abertas ata as 23,59 horas do 25 de decembro a través do 'Portal das Palabras', a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié.

Ambas as entidades animan á cidadanía a participar na elección colectiva "da voz que mellor resuma o ano a piques de terminar ou que desatasque un tema de especial relevancia nos últimos doce meses", subliña a RAG.

A fase de recollida de suxestións pechouse o pasado domingo con case 7.000 achegas que sumaron unhas 400 palabras diferentes. Moitos delas reflicten "igual que as finalistas ecocidio, quecemento global e feminicidio, a crecente preocupación social polo dano ambiental provocado pola acción humana e pola desigualdade de xénero".

Cambio climático
Cambio climático | Fonte: WWF España

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta