A Xunta inxecta case 2 millóns de euros en axudas directas aos medios de comunicación

A Secretaría Xeral de Medios publica en pleno Nadal as partidas que destina este 2019 para subvencionar de xeito directo aos medios. O Grupo Voz, o medio que máis defende a política de Feijóo, recibe máis da metade das axudas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/12/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia segue sendo unha das principais vías de financiamento dos grandes grupos mediaticos de Galicia. Ano tras ano, o Goberno de Feijóo inxecta millóns de euros en convenios publicitarios que subscriben as distintas consellerías e tamén a Secretaría Xeral de Medios. Precisamente, este departemento, que dirixe Mar Sánchez Sierra, destinou de xeito directo case dous millóns en axudas a xornais e radios.

Medios de comunicación de Galicia
Medios de comunicación de Galicia

Esta cantidade supón case a mesma que a Xunta destinou en 2018, tras o importante aumento que houbo en 2017 en concepto de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radidifusión". En 2017 foron 1.666.194,87 euros; en 2018, 1.976.778, é dicir, 300.000 euros máis que o ano anterior e este 2019 son 1.970.000, 6.000 euros menos.

LA VOZ

A convocatoria publicouse no DOG do pasado 28 de decembro, en plenas festas do Nadal e o principal beneficiario volve ser o Grupo Voz. De feito, este grupo de comunicación, que nos últimos tempos se ten posicionado claramente á dereita e cunha defensa acérrima do goberno de Feijóo, recibe axudas por catro vías diferentes. É o único gran medio co que a Secretaría Xeral de Medios ten esta “cortesía”.  

Así, a máis suculenta, de 553.757 é para o xornal impreso. A segunda, de 294.360 é pola súa web e a terceira é pola súa radio, Radio Voz, con 28.489. Chama a atención outra axuda que esta radio, cuxa audiencia é moito menor ás grandes cadenas radiofónicas, recibe de 143 euros pola súa web.

Viñeta de López - Subvencións a medios
Viñeta de López - Subvencións a medios

OUTRO MEDIOS

A infinita distancia de La Voz sitúanse o resto dos grupos mediaticos galegos. E neste segundo grupo os mellor posicionados son Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, do grupo Prensa Ibérica. De feito, a Xunta tivo que rebaixar un pouco as axudas ao restos dos grandes xornais para darlle a estes dous medios que o pasado ano non recibiron as axudas por problemas burocráticos. Deste xeito, Faro de Vigo recibe 316.000 euros tanto polo xornal en papel como pola súa web e La Opinión de A Coruña, 54.000. En total, este grupo leva 370.000 euros.

Na mesma situación que Faro e La Opinión está El Correo Gallego, ausente nos últimos anos deste tipo de axudas pola fonda crise que o levou a despidos, ao impago de nóminas e a unha débeda de 15 millóns de euros con Facenda e a Seguridade Social. Este ano, Editorial Compostela, que edita este medio recibe 73.000 euros.

Logo está El Progreso que recibe 125.832 euros polo diario en papel e 24.100 pola web. A este diñeiro hai que supmar o recibido por Diario de Pontevedra, tanto na súa versión escrita como web, que suman 79.000 euros. Deste xeito, o Grupo El Progreso recibe case 225.000 euros.

Pola súa banda, o Grupo La Región recibe 140.000 euros polas cabeceiras en papel de La Región e Atlántico Diario, así como polas súas versións webs.  Finalmente, o Grupo La Capital, que edita entre outros, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, recibe 33.000 euros.

En Radios, a que máis recibe é a Cadena Ser, a través das distintas radios asociadas en Galicia con case 80.000 euros. Logo  a Cadena Cope, con 73.700. Despois Onda Cero, con 60.000.  En Webs, ademais das dos grandes grupos, destacan os case 5.000 euros que recibe Pontevedra Viva e os 2.323 de Sermos Galiza. Europa Press pasa de 1.572 de 2018 aos 208 deste ano.

CRÍTICAS

Non é a primeira vez que os sindicatos denuncian esta masiva inxección de cartos públicos a determinados medios.  A CIG ten criticado a súa convocatoria pola "inexistencia de motivación real para esta subvención sen concorrencia competitiva". O sindicato considera que o único obxectivo deste tipo de convocatorias é "soster economicamente a súa actividade dando máis cartos canta maior difusión teñan, sen outra finalidade", o cal "ten como resultado financiar aos grandes grupos de sempre".

Para o sindicato "resulta moi doado comprender por que a gran maioría destes medios, sobre todo os que se levan a maior parte do pastel e teñen maior difusión, dificilmente van publicar información que sexa incómoda para o Goberno; todo o contrario, ao final atopámolos cheos de propaganda a favor deste".

O paradoxal destas axudas é que, sobre o papel, están destinadas a favorecer a "liberdade de expresión" e fomentar uns medios "máis plurais e independentes", e mesmo buscan "a potenciación da lingua e cultura galega" e "a galeguidade", pero chega con dedicar tan só un 8% do total do espazo á lingua propia de Galicia para recibir cartos.

Medios como Galicia Confidencial, líder da prensa en galego, e cuarto medio dixital de Galicia segundo Alexa, auditor de Amazon, ou Praza Pública, outro dos referentes da nova prensa en galego, non reciben un só euro de axudas. O único xornal en lingua galega que recibe cartos públicos da Xunta en concepto de subvencións é Sermos Galiza, aínda que a súa cantidade é irrisoria en comparación con outros medios con menos impacto.

a) Axudas a xornais impresos en formato papel:

Entidade beneficiaria

Importe axuda

Editorial Compostela, S.A.

72.982,98

Editorial La Capital, S.L.

28.163,44

El Progreso de Lugo, S.L.

125.832,10

Faro de Vigo, S.A.

242.808,15

La Opinión de La Coruña, S.L.

38.021,94

La Región,S.A.

96.910,09

La Voz de Galicia, S.A.

553.757,62

Lérez Ediciones, S.L.

68.866,18

Rias Baixas de Comunicación, S.A.

27.657,50

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas:

Entidade beneficiaria

Importe axuda

Radio Coruña, S.L.

5.783,22

Radio Lugo, S.A.

3.736,96

Radio Orense, S.A.

18.936,50

Radio Pontevedra, S.A.

20.333,84

Radio Popular, S.A.

73.702,41

Radio Vigo, S.A.

30.293,01

Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

25.325,05

Uniprex, S.A.

59.799,67

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

28.489,34

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet:

Entidade beneficiaria

Importe axuda

Editorial La Capital, S.L.

5.568,03

El Progreso de Lugo, S.L.

24.106,92

Europa Press Delegaciones, S.A.

208,63

Faro de Vigo, S.A.U.

74.499,03

La Opinión de La Coruña, S.L.U.

15.692,57

La Región, S.A.

13.189,53

La Voz de Galicia, S.A.

294.360,48

Lérez Ediciones, S.L.

9.521,79

Radio Lugo, S.A.

391,71

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

3.229,08

Sermos Galiza, S.A.

2.323,42

Virtual Vedra Comunicación, S.L.

4.910,21

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

141,76

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Gamela

Demasiado tempo financiando PROPAGANDA sen que ningún grupo parlamentario leve estas contas ao Parlamento de Galicia. Semella que todos están mirando para outro lado, pensando que pode ser unha vía de financiación futura (?) VERGOÑA comprobar como en Vigo xa ninguén pode ler a páxina dominical de Abel Caballero (Faro de Vigo) e logo de 12 anos ninguén ten presentado queixa algunha polo programa "Vigo de Cerca" que emite dúas veces por semana (unha en directo-grabado e a segunda como reposición) a emisora TeleVigo (SER) Resulta INSOPORTABLE que estes medios (FdV e LVG) estean a COBRAR DÚAS VECES pola mesma información mediante os muros de pago nas súas webs ¿Non existe ningún tribunal da competencia onde poder denunciar este abuso contra a liberdade de empresa e de expresión? BASTA XA DE PROPAGANDA COS NOSOS CARTOS !!! https://i.gal/gamela22

1 Golpi

¿Non existe ningún tribunal da competencia onde poder denunciar este abuso contra a liberdade de empresa e de expresión? Denuncia oh, que se che vai sempre a forza pola boca. Consellos vendo que...

2 Gamela

Aos que sempre se lles vai a forza pola boca (logo de cobrar cada mes) supoño que serán esta tropa que tanto admiras e que aínda non sei que carallo pintan no Parlamentiño do Hórreo: http://www.parlamentodegalicia.es/C... E cicais estes outros tamén deberan abrir as súas bocas se tí non consideras que sería moita molestia...? http://www.parlamentodegalicia.es/C... Xa está ben de dar por boa unha OPOSICIÓN RIDÍCULA !!!

4 Fuico

O Sermos Paliza que non lee ningún tamén chucha

1 Mamom

Ti está claro que non les ese nin outro a xulgar como escribes. De todos os xeitos parece que che fastidia máis eses dous mil euros a ese xornal que o groso do pelotón que reciben outros. Había que auditarte a ti porque ao mellor tamén estás subvencionado coma moitos mortos de fame que nos rodean.

3 Fuco

Cos nosos cartos...

2 CastelaoPaSogama

Vox quere implantar a súa política de "Subvenciones CERO", de aí que os medios estean de uñas con Vox porque uns e outros queren chuchar subvencións. Ninguén quere que desaparezan. O que se critica é que uns reciben máis que outros.

1 Multinick

Os líderes de Vox levan toda a vida chuchando subvencións e vivindo de chiringuitos. O mouro Ab Asqal non deu nunca pancada. O que non queren os feixistas é que as subvencións vaian para outros.

1 O Calvo Da Lotería

Home, á UPG tocoulle a pedrea. Parabens.

1 loterito

Moi ben, soberbio cos que menos reciben. O de sempre neste país, outros 10 aniños de Feijóos e loteiros (que non de loita). Os caladiños de sempre que renden pleitesía ao señor.. buff!!