Técnicos de emerxencias sanitarias denuncian o "abandono" dos traballadores da central contra a violencia machista

A situación viuse "agravada nos últimos meses polos problemas internos e económicos" que alega a empresa 'Grupo Norte', que ten subcontratado o servizo telefónico do 016.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2020 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A asociación profesional Tesgalicia condenou este sábado o "abandono no que se atopan desde hai anos" os xestores de emerxencia da central telefónica do 016 en Galicia.

016, teléfono de axuda contra os malos tratos.
016, teléfono de axuda contra os malos tratos.

Segundo Tesgalicia, a situación viuse "agravada nos últimos meses polos problemas internos e económicos" que alega a empresa Grupo Norte, que ten subcontratado este servizo de atención e xestión urxente sanitaria da Xunta.

Esta compañía "está a someter" aos profesionais a unha "tensión laboral insustentable" pola "constante incerteza de non saber se cobrarán as súas nóminas, a pesar de estar a traballar", segundo denunciou a asociación profesional.

A Xunta de Galicia ten externalizado este servizo a través de Grupo Norte que, tras "aceptar esa concesión por unha cantidade á baixa temeraria, decide non pagar correctamente aos seus traballadores", segundo sinala Tesgalicia, que asegura que as negociacións entre esta empresa e o Goberno galego "teñen como reféns aos de sempre, os traballadores".

Condenou tamén "a huída e conivencia" da Xunta, a quen consideran "primeira e última responsable de non velar para que este servizo sexa público e de calidade".

Ademais, Tesgalicia lamentou que os xestores das emerxencias sanitaras "son considerados vendedores telefónicos", polo que están adscritos a un convenio colectivo que "nin chega a ser mileurista", a pesar de que a súa xestión é un "alicerce fundamental" para a asistencia sanitaria urxente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta