Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2025 | Actualizada ás 15:56
A Xunta iniciou este venres os preparativos do Xacobeo 2027 na reunión da Comisión Executiva do Consello Xacobeo, na que, entre outras cuestións, ultimouse a creación da comisión xestora das exencións fiscais para impulsar a participación do sector privado en proxectos relacionados co Camiño de Santiago e o Xacobeo. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles participou na reunión, na que se informou á membros da Comisión sobre a declaración do evento como acontecemento de excepcional interese público.
O órgano analizou o convenio que creará a comisión interadministrativa que se encargará de xestionar as exencións fiscais das empresas. Esta comisión contará con representación do Ministerio de Facenda e do Ministerio de Cultura, e a secretaría será asumida pola Axencia Turismo de Galicia. Así, encargarase de aprobar os plans e programas de actividades específicas que poden dar lugar á aplicación dos beneficios fiscais e tamén de aprobar o logotipo do Xacobeo 27, o seu manual de uso e da certificación da adecuación dos gastos realizados aos obxectivos e plans do programa de apoio. Entre as súas competencias, estará tamén a remisión á AEAT da copia das certificacións emitidas.
O convenio para crear esa comisión será ratificado e asinado proximamente para empezar a traballar. A Comisión Executiva do Consello Xacobeo tamén informou do estado de tramitación do expediente de declaración da Acollida Tradicional Xacobea como Patrimonio Inmaterial. Turismo de Galicia lembrou que a Comunidade liderou o cambio e decaemento da primeira resolución para garantir a universalidade na acollida, a defensa dos albergues públicos e dos xestionados pola Igrexa, así como engadir o concepto de hospitalidade. Por outra banda, abordouse o impacto dos incendios forestais no Camiño de Santiago, onde a Xunta reparou os danos en sinais e mouteiras e as rutas son transitables.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.