Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2025 | Actualizada ás 20:36
Máis de 200.000 galegos descargaron o Bono Peixe, o que permitiu que creza o número de consumidores de produtos do mar na Comunidade, segundo indica a Xunta nun comunicado. Impulsado e creado polo Executivo autonómico, esta iniciativa busca incentivar a promoción e o consumo de produtos marítimos-pesqueiros frescos. Así, permitiu o aumento do número de consumidores, espertando interese entre os mozos, segundo a información trasladada polos establecementos sumados a esta iniciativa, que ascenden a máis de 700 en toda Galicia.
Precisamente, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este venres una das pescaderías que forma parte deste proxecto en Teo, indicando que 86.961 persoas desta provincia solicitaron o Bono, así como 75.429 pontevedreses, 19.886 lucenses e 18.504 ourensáns. Villaverde lembrou que aínda está vixente este bono, que permite aos consumidores acceder a descontos do 25 % nas súas compras, ata un máximo de 5 euros semanais. No caso de non gastar todo o saldo,leste poderá acumularse en sucesivas semanas ata un máximo de 25 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.