Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 15:47
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asistiu este venres na Praza do Obradoiro á rodaxe da serie '3 Camiños', produción audiovisual do Xacobeo 21 que difundirá os valores da ruta, onde mantivo un encontro cos protagonistas da cinta, Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigh, Andrea Bosca e Alberto Jo.
'3 Camiños' é a primeira serie de televisión internacional sobre a Ruta Xacobea, impulsada pola Xunta e encabezada pola empresa compostelá Ficción Producións, que conta coa implicación de compañías internacionais como Amazon Prime Vídeo e o grupo alemán Beta Films, ademais de coprodutores doutros catro países: Italia, Corea do Sur, México e Portugal, con Rádioa Televisión de Portugal (RTP) e coa produtora Cinemate.
Durante a visita, Román Rodríguez destacou a capacidade deste proxecto e do sector audiovisual para proxectar ao mundo "todo aquilo que fai que o Camiño de Santiago sexa un fenómeno único", así como para "abrir unha xanela" para mostrar a ruta a novos mercados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.